Al-Hasaka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Al-Hasaka (en árabe: الحسكة‎; en kurdo setentrional: Hesîçe‎; en siríaco: ܚܣܟܗ) é a capital da gobernación homónima no nordeste de Siria. En 2004 tiña unha poboación de 188.160 habitantes, facendo dela unha das maiores cidades do país. A maioría da poboación é kurda, con minorías significativas árabe e asiria, e cunha pequena minoría armenia.