Alimento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
O pan, considerado como alimento por excelencia

O alimento é a substancia normalmente comida ou bebida por seres vivos. O termo alimento inclúe tamén bebidas líquidas. A comida é a principal fonte de enerxía e nutrición dos animais, e é xeralmente de orixe animal ou vexetal.

Diversas disciplinas encárganse do estudo dos alimentos desde enfoques distintos: a bioloxía estuda os mecanismos de obtención, dixestión e refugallo dos alimentos por parte dos organismos, a ecoloxía estuda as cadeas alimentarias, a química dos alimentos a composición dos alimentos e o xeito no que se metabolizan dentro do organismo, e a tecnoloxía dos alimentos estuda a elaboración, produción e uso dos produtos destinados ao consumo humano.

Nutrientes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Nutriente.

Defínese como nutriente a toda aquela sustancia que bioquímicamente é esencial para o mantemento dos organismos vivos. A vida é sostida polos alimentos, e as sustancias contidas nos alimentos das cales depende a vida son os nutrientes. Estes proporcionan a enerxía e os materiais de construción para as innumerables sustancias que son esenciais para o crecemento e a supervivencia dos organismos vivos. Un nutriente é unha sustancia usada para o metabolismo do organismo, e a cal debe ser tomada do medio ambiente. Os organismos non autotróficos adquiren os nutrientes a través dos alimentos que inxeren. Os métodos para a ingesta de alimentos son variables, os animais teñen un sistema digestivo interno, mentres que as plantas dixiren os nutrientes externamente e logo son inxeridos. Os efectos dos nutrientes dependen da dose.

Os nutrientes orgánicos inclúen carbohidratos, graxas e proteínas, así como vitaminas. Algúns compoñentes químicos inorgánicos como minerales, auga e osíxeno poden tamén ser considerados como nutrientes. Un nutriente é esencial para un organismo cando este non pode sintetizarlo en cantidades suficientes e debe ser obtido dunha fonte externa.

Hai dous tipos de nutrientes: os simples ou micronutrientes, e os complexos ou macronutrientes. Os nutrientes requiridos en grandes cantidades son chamados macronutrientes e os que son requiridos en cantidades máis pequenas coñéceselles como micronutrientes.

Micronutrientes[editar | editar a fonte]

Coñécese como micronutrientes a aquelas sustancias que o organismo dos seres vivos necesita en pequenas doses. Son indispensables para os diferentes procesos bioquímicos e metabólicos dos organismos vivos e sen eles morrerían. Desempeñan importantes funcións catalizadoras no metabolismo, ao formar parte da estrutura de numerosas enzimas.

Nos animais engloba as vitaminas e minerales e estes últimos divídense en minerales e oligoelementos. Estes últimos necesítanse nunha dose aínda menor.

As plantas requiren de minerales. Púidose estudar ben nelas cales necesitan grazas a cultivos sen chan que puidesen alterar os resultados. Descubriuse que algúns elementos necesítanse en proporcións tan baixas que un fertilizante que non os conteña no seu formulación pode aportalos debido ás impureza que contén.

Tipos e compoñentes dos alimentos[editar | editar a fonte]

Roda dos alimentos.

Un compoñente fundamental dos alimentos é a auga, que o corpo humano require para sostelos procesos que nos manteñen vivos.

É necesario inxerir auga para repoñela que perdemos basicamente por catro vías: por transpiración, polo aire que expulsamos na respiración, por excreción, e pola que eliminamos directamente nos ouriños.

Os compoñentes dos alimentos pódense clasificar de moitas maneiras. Unha delas é nos seguintes cinco grandes grupos:

As proteínas: Están formadas por cadeas de moléculas moi especiais, chamadas aminoácidos, que son os compoñentes que require o corpo humano para construír tecidos, como os músculos, os osos, a pel, os tecidos nerviosos etc. As proteínas están en alta proporción nos alimentos de orixe animal, como as carnes (de mamíferos, aves e peixes), nos ovos, nos lácteos, e en menor proporción nalgúns vexetais, como a soia.

Os hidratos de Carbono: quimicamente son cadeas de moléculas fomadas basicamente por carbono, hidróxeno e osíxeno. Estas cadeas de hidratos de carbono ou carbohidratos proveñen maioritariamente dos vexetais, que conteñen compostos como o amidón e o azucre.

O amidón encóntrase principalmente nos alimentos como o millo, o trigo, a cebada, o arroz, nos tubérculos (como a pataca) e nas leguminosas (como as ervellacas, feixóns etc.).

Os azucres se atopan na natureza nalgúns vexetais como a cana de azucre, a remolacha e nas froitas. Así a todo o seu consumo actualmente provén do uso directo de azucre refinado como edulcorante (adozante) en prostres, tortas, froitas en conserva, e especialmente nas bebidas gasosas.

Os hidratos de Carbono son basicamente unha fonte de enerxía para o corpo, de uso inmediato.

Os lípidos ou graxas: quimicamente son produtos que conteñen ácidos graxos, que poden ser saturados ou insaturados, o que ten importante efecto na saúde. Poden ser sólidos (como a manteiga, o queixo etc.) ou líquidos como o aceite. Son a fonte de enerxía de longo prazo para o corpo, e para os vexetais. Por iso, a maioría das sementes, para sobrevivir, posúen abundantes lípidos, como as améndoas, as pebidas de marabilla e de uva.

As fibras: quimicamente posúen un alto contido de celulosa, un produto que o corpo non pode aproveitar (dixerir) pero teñen efectos positivos na parte mecánica da dixestión dos alimentos.

As vitaminas: son compostos químicos en xeral moi complexos, de distinta natureza, pero que teñen en común que cantidades asombrosamente pequenas son imprescindibles para o funcionamento do organismo. A ausencia dalgunhas vitaminas causa enfermidades que poden ser graves, e a inxesta de pequenísimas cantidades (miligramos) pode subsanar este problema. As cascas das froitas son unha fonte importante dalgunhas vitaminas.

Hábitos alimenticios humanos[editar | editar a fonte]

Desenvolvemento histórico[editar | editar a fonte]

Alimentos

Pan - Pasta - Queixo - Arroz
Carnes - Sopas - Peixes - Mariscos
Auga - Leite - Patacas - Vexetais - Mel - Viño - Verduras - Froitas - Hortalizas - Legumes - Especias - Outros ingredientes
Receitas de cociña

Cociñas rexionais
Asia - Europa - Caribe
Sueste asiático - Latino américa
Oriente medio - Norte de África - África - Galiza
Categoría: Gastronomía
Técnicas de preparación rexionais
Técnicas - Utensilios
Pesos e medidas
Vexa tamén:
Chefs famosos - Cociñas - Comidas diarias
Wikibooks: Cookbook

Os seres humanos son animais omnívoros capaces de consumir tanto produtos vexetais como animais. Evolucionaron de recolectores a cazadores recolectores. Logo da experiencia da Idade de Xeo é posible que os humanos quixesen crear unha sensación de seguridade administrando o crecemento de plantas e a reprodución de animais. Isto levou á agricultura e alterou o xeito en que os alimentos son obtidos.

Comidas[editar | editar a fonte]

Unha selección de diferentes alimentos complementarios inxeridos en conxunto compoñen unha comida. A xente a miúdo elixe comer en compañía de membros da súa familia ou amigos e isto é xeralmente comprendido como un encontro social importante.

Produción e adquisición dos alimentos[editar | editar a fonte]

A comida obtívose tradicionalmente polo cultivo, a pesca, a caza e outros métodos de subsistencia localmente importantes para algunhas poboacións aínda que desprezables para outras.

Actualmente, nas nacións desenvolvidas, a subministración de alimentos cada vez depende máis da agricultura intensiva, do cultivo industrial, da piscicultura ou doutras técnicas que aumentan as cantidades de alimentos producidos á vez que diminúen o seu custo. Estas técnicas á súa vez dependen do desenvolvemento de ferramentas mecanizadas, dende a máquina de mallar e a sementadora ata o tractor e a segadora malladora etc. Estas ferramentas foron combinadas con pesticidas que aseguran o elevado rendemento de colleitas e combaten insectos ou mamíferos que prexudican a produción.

Tamén á modificación xenética das plantas comestibles (alimentos transxénicos), para facelas máis resistentes ás enfermidades e ós parasitos, á vez que máis produtivas. Estas técnicas son moi contestadas, pois deixan en mans das multinacionais a produción de sementes, á vez que se supón que a polinización cruzada de plantas naturais por plantas modificadas, pode altera-la calidade daquelas.

Actualmente percíbese unha tendencia crecente cara a prácticas agrícolas máis sostibles, que recorren a sistemas naturais de produción. Estes métodos, que se están estendendo grazas á demanda do consumo, estimulan a biodiversidade, a auto-seguridade local e o cultivo orgánico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alimento Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]