Iraq
República de Iraq | |||
---|---|---|---|
الجمهورية العراقية Al-Yumhūriyya al-‘Irāqiyya |
|||
|
|||
|
|||
Lema: Allahu akbar Deus é máis grande |
|||
|
|||
Capital | Bagdad | ||
• Poboación | 5 672 516 hab. (2005) | ||
Cidade máis poboada | Bagdad | ||
Linguas oficiais | Árabe e kurdo[1] | ||
Forma de goberno | República parlamentaria Federal | ||
Jalal Talabani Nuri Al Maliki |
|||
· do Imperio Otomán · do Reino Unido |
1 de outubro de 1919 3 de outubro de 1932 |
||
Superficie | Posto 58º | ||
• Total | 437 072 km² | ||
• % auga | 1,1 % | ||
Fronteiras | 3 631 km | ||
Costas | 58 km | ||
Poboación | Posto 44º | ||
• Total | 26 783 383 hab. | ||
• Densidade | 55 hab./km² | ||
PIB (nominal)
|
|||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | Posto 61º | ||
• Total (2006) | $89 800 millóns US$ | ||
• per cápita | $2 900 US$ | ||
Moeda | Dinar iraquí (IQD) | ||
IDH (1999) | 0,567 | ||
Xentilicio | Iraquí[2] | ||
Fuso horario | UTC + 3 | ||
• Horario de verán | UTC + 4 | ||
Dominio de Internet | .iq | ||
Prefixo telefónico | +964 |
||
Prefixo radiofónico | HNA-HNZ / YIA-YIZ |
||
Código ISO | 368 / IRQ / IQ |
||
Membro de: ONU, OPEP | |||
Iraq[2] (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe: [جمهورية العراق] (axuda · info), é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.[3]
Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten un franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro leste. Os dous grandes ríos do país, o Tigris e o Éufrates, discorren polo centro do país dende o noroeste cara o sueste. Estes ríos, proporcionan a Iraq de terras aptas para a agricultura, en contraste das terras áridas que cobren a meirande parte de Asia Occidental.
Iraq era coñecido antigamente polo topónimo grego Mesopotamia (Terra entre dous ríos) e foi o lugar de sucesivas civilizacións dende o milenio 6 antes de Cristo. A rexión entre os ríos Tigris e Éufrates é considerada como o berce da civilización e o lugar onde apareceu a escrita. En diferentes períodos da súa historia, Iraq foi o centro dos imperios indíxenas acadio, sumerio, asirio, e babilónico. Formou parte dos imperios medo, aqueménida, helenístico, parto, sasánida, romano, rashidun, umayyad, abbásida, mongol, safávida, afsárida e otomán. Por outra banda, estivo baixo dominio británico como Mandato da Sociedade de Nacións.[4] Iraq é o fogar de dous dos lugares máis sagrados do mundo para o xiísmo: Najaf e Karbala.[5]
Os seus límites modernos foron establecidos en 1920 pola Sociedade de Nacións cando o Imperio Otomán foi divido segundo o Tratado de Sèvres. Iraq foi posta baixo a autoridade do Reino Unido como "Mandato británico de Mesopotamia". A monarquía foi establecida en 1921 e o Reino de Iraq obtivo a independencia en 1932. En 1958, a monarquía foi abolida e creouse a República de Iraq. Iraq foi controlado polo Partido Ba'ath dende 1968 ata o 2003. Despois da invasión de 2003 liderada polos Estados Unidos de América e forzas multinacionais, o partido Ba'ath foi eliminado do poder e celebráronse eleccións parlamentarias. A presenza americana en Iraq rematou no 2011.[6]
Índice
Historia[editar | editar a fonte]
O territorio onde se atopa actualmente Iraq coincide aproximadamente coa antiga Mesopotamia. No -539, Ciro II o Grande, rei de Persia conseguiu o control da rexión que permaneceu baixo o mandato persa ata a súa conquista por Alexandre Magno no ano -331. Trala morte de Alexandro, a dinastía Seléucida de orixe grega reinou en Mesopotamia durante 200 anos.
Seguiu un longo período baixo as novas dinastías persas (Arsácidas e Sasánidas) ata que os árabes musulmáns invadiron a rexión no ano 700. Bagdad foi a capital dos califas Abasís. Despois do saqueo de Bagdad polos mongois en 1258, turcos e iranianos disputáronse a supremacía na rexión, ata que finalmente o Imperio Otomán tomou o control no século XVII.
En outubro de 2002 un referendo ratificou a permanencia do ditador Saddam Hussein á fronte do estado durante 7 anos máis. Durante ese ano o presidente estadounidense George W. Bush insistía en que Iraq posuía armas de destrución masiva, e que debía destruílas tal e como estaba acordado nas diversas resolucións da ONU acordadas despois da Guerra do Golfo de 1991. Iraq aceptou cumprir unha nova resolución da ONU que acordaba o envío de inspectores da ONU a Iraq para verificar o armamento que tiña. A comezos de 2003 os EUA tornaron a acusar ó réxime de Saddam de estar incumprindo a nova resolución e de estar ocultando armas químicas e biolóxicas ós inspectores, co que comezaron a chamada Guerra de Iraq.
Estados Unidos foi acumulando forzas militares nos arredores de Iraq, e o 19 de marzo de 2003 apoiado por diversos países comezou outra guerra do golfo que durou até o 2011.
Hoxe en día, o país vive nunha inseguridade permanente por mor dos ataques dos insurxentes. As vítimas militares estadounidenses superan as 2.000 e as vítimas civís iraquís poden superar o 30 mil.
Tralas eleccións lexislativas de 2005, Jalal Talabani (kurdo) é elixido Presidente, estará acompañado por dous vicepresidentes, un xiíta e outro sunnita.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Provincias de Iraq[editar | editar a fonte]
Ten unha superficie de 437.073 km², aproximadamente o tamaño de California. A capital é Bagdad, de 3,8 millóns de habitantes (1986). Outras cidades importantes son Basora, Mosul, Kirkuk, As-Sulaymānīya ou Arbil.
Iraq está dividido en 19 provincias (muhafazat, singular: muhafazah):
Rexións de Iraq | ||
---|---|---|
Mapas e imaxes[editar | editar a fonte]
Economía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Economía de Iraq.
A economía de Iraq caracterízase por unha forte dependencia da exportación de petróleo e por acentuar un desenvolvemento dirixido por organismos centrais. Antes do inicio da guerra contra Irán en setembro de 1980, o futuro da economía iraquí era brillante. A produción de petróleo alcanzara o nivel de 3,5 millóns de barrís por día e os ingresos do petróleo sumaban 21.000 millóns de dólares en 1979 e 27.000 millóns de dólares en 1980. Ao comezar a guerra, Iraq acumulara aproximadamente 35.000 millóns de dólares en reservas de divisas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Artigo 4.1 da Constitución de Iraq
- ↑ 2,0 2,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para iraquí.
- ↑ "Declaration of Principles for a Long-Term Relationship of Cooperation and Friendship Between the Republic of Iraq and the United States of America". 26 de novembro de 2007.
- ↑ Livescience.com (ed.). "Top 10 Battles for the Control of Iraq". Consultado o 23 de marzo de 2009.
- ↑ On Point: The United States Army In Operation Iraqi Freedom - Page 265, Gregory Fontenot - 2004
- ↑ Basu, Moni (18 de decembro de 2011). "Deadly Iraq war ends with exit of last U.S. troops". CNN.com. Consultado o 18 de demcebro de 2011.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Presidencia de Iraq (en árabe)
- Gabinete de Iraq (en árabe)
|
|