Walter Ruttmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Walter Ruttmann
Nacemento 28 de decembro de 1887
Frankfurt Imperio Alemán Imperio Alemán
Falecemento 15 de xullo de 1941 (65 anos)
Berlín Alemaña nazi Alemaña
Profesión Director de cine
Ficha na IMDb

Walter Ruttmann, nado en Frankfurt o 28 de decembro de 1887 e finado en Berlín o 15 de xullo de 1941, foi un director de cine alemán. Canda a Hans Richter, Viking Eggeling e Oskar Fischinger foi u dos pioneiros do cine experimental alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou arquitectura e pintura e traballou como deseñador gráfico. A súa carreira cinematográfica comezou nos anos 1920s. As súas primeiras curtametraxes abstractas, Lichtspiel: Opus I (1921) e Opus II (1923), foron experimentos das formas de expresión en cine, e a influencia deses primeiros filmes abstractos podémola atopar nos primeiros traballos de Oskar Fischinger. Ruttmann e os seus colegas do movemento vangardista enriqueceron a linguaxe dos filme como medio con novas técnicas formais.

Xunto a Erwin Piscator, traballou no filme experimental Melodie der Welt (1929), pero é máis lembrado por Berlin, sinfonía dunha cidade [1] (1927). Durante período nazi, traballou como asistente de Leni Riefenstahl en Triumph des Willens (1935).

Filmografía selecta[editar | editar a fonte]

Lichtspiel Opus I (1921).
Lichtspiel Opus II (1922).
  • Lichtspiel: Opus I (1921)
  • Der Sieger (1922)
  • Das Wunder (1922)
  • Lichtspiel: Opus II (1922)
  • Lichtspiel: Opus III (1924)
  • Lichtspiel: Opus IV (1925)
  • Das wiedergefundene Paradies (1925)
  • Der Aufstieg (1926)
  • Spiel der Wellen (1926)
  • Dort wo der Rhein... (1927)
  • Berlín, sinfonía dunha cidade (1927) en colaboración con Alberto Cavalcanti
  • Melodie der Welt (1929)
  • Wochenende (1930)
  • In der Nacht (1931)
  • Acciaio (Stahl, 1933)
  • Altgermanische Bauernkultur (1934)
  • Schiff in Not (1936)
  • Mannesmann (1937)
  • Henkel, ein deutsches Werk in seiner Arbeit (1938)
  • Waffenkammern Deutschlands (1940)
  • Deutsche Panzer (1940)
  • Krebs (1941)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]