Bolivia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
Bolivia (en quechua: Bulibiya Suyu, aimara: Bulibiya, Buliwya; guaraní: Volívia) é un país da América do Sur, limitado a norte e leste polo Brasil, ao sur polo Paraguai e Arxentina, e a oeste polo Chile e Perú. Comprende parte importante tanto da Cordilleira dos Andes e o seu Altiplano como da Selva Amazónica e do Gran Chaco. É, canda Paraguai, un dos dous países de Sudamérica sen litoral marítimo. É tamén o oitavo máis extenso no continente americano e o vixésimo sétimo a nivel mundial. A súa capital oficial e xudicial é a cidade de Sucre, mentres que a capital gobernamental (dos poderes executivo e lexislativo) é A Paz.
Índice
Xeografía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Xeografía de Bolivia.
Na parte occidental do país está a Cordilleira dos Andes, na cal están a montaña máis alta do país, o pico Nevado Sajama co seus 6.542 m; o lago Titicaca, o máis alto lago do mundo; e o Salar de Uyuni, no departamento de Potosí, unha grande extensión cuberta por sal que foi no pasado o fondo dun grande lago que se secou por evaporación. O centro do país é un planalto, o "Altiplano", onde vive a maioría dos bolivianos. O leste do país está constituído por terras baixas, e cuberto pola floresta húmida da Amazonia. O lago Titicaca sitúase na fronteira entre a Bolivia e Perú. No occidente atópase o Salar de Uyuni, a maior planicie de sal do mundo.
O país actualmente non ten litoral, despois de o perder nunha guerra con Chile, a Guerra do Pacífico, que ocorreu do ano 1879 ao ano 1884.
As cidades principais son A Paz, Sucre, Santa Cruz de la Sierra e Cochabamba.
Subdivisións[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Subdivisións da Bolivia.
Bolivia está dividida en 9 departamentos:
División política | |||||
Departamento | Poboación | Supeficie (km²) | Densidade (*) | Capital (Hab.) | |
---|---|---|---|---|---|
República de Bolivia | 9 627 269 | 1 098 581 | 8,8 | Sucre | |
Beni | 414.758 | 213.564 | 1,9 | Trinidad (86.385) | |
Chuquisaca | 611.660 | 51.524 | 11,9 | Sucre (247.259) | |
Cochabamba | 1 709 806 | 55.631 | 22,7 | Cochabamba (586.813) | |
La Paz | 2 872 793 | 133.985 | 19,9 | A Paz (835.000) | |
Oruro | 437.131 | 53.558 | 8,2 | Oruro (216.620) | |
Pando | 69.541 | 63.827 | 1,1 | Cobija (32.217) | |
Potosí | 772.578 | 118.218 | 6,5 | Potosí (149.246) | |
Santa Cruz | 2 367 440 | 370.621 | 6,6 | Santa Cruz de la Sierra (1 397 000) | |
Tarija | 471.563 | 37.623 | 12,5 | Tarija (170.906) | |
(*)= Todos os datos de poboación son proxecciones do INE para 2006 [1]. A densidade departamental está calculada coa proxección da poboación de 2006.
Outras cidades importantes son: La Paz: El Alto 827.000, Cochabamba: Quillacollo 90.000 Sacaba 127.000, Tarija: Yacuiba 90.000, Santa Cruz: Montero 90.000, Beni: Riberalta 78.000. |
Cada departamento está subdividido en provincias, que son responsábeis dalgúns asuntos locais.
Historia[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Historia de Bolivia.
En Bolivia desenvolvéronse grandes civilizacións, das que a máis importante foi a civilización de Tiahuanaco. Tornouse parte do imperio Inca no século XV.
Cando os españois chegaron no século XVI, Bolivia, rica en depósitos de prata, foi incorporada no virreino do Pelo, e máis tarde no de La Plata.
A loita pola independencia comezou en 1809, mais permaneceu como parte da España ata 1825, cando foi liberada por Simón Bolívar, a quen o país debe o seu nome. Despois dunha breve unión con Perú, Bolivia tornouse totalmente independente. Nos anos seguintes, Bolivia perdeu parte do seu territorio debido a vendas e á guerra.
Bolivia enfronta problemas culturais e raciais, e sofreu ao longo dos anos múltiples revolucións e golpes militares. En 1980, a democracia foi restaurada despois da destitución dunha xunta militar.
Política[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Política de Bolivia.
A constitución da Bolivia de 1967, revisada en 1994, prevé un sistema equilibrado entre os poderes executivo, lexislativo e xudicial. O tradicionalmente forte poder executivo, non obstante, tende a deixar na sombra o Congreso, cuxo papel está en xeral limitado a debater e aprobar lexislación orixinaria do executivo. A través de revisións na constitución feitas en 1994, e de leis subsequentes, o goberno iniciou reformas que teñen potencial para ser profundas nos sistema e procesos xudiciais.
Os nove departamentos da Bolivia recibiron maior autonomía pola lei de Descentralización Administrativa de 1995, aínda que os principais dirixentes departamentais continúen a ser nomeados polo goberno central. As cidades e vilas bolivianas son gobernadas polos presidentes de cámara e consellos directamente elixidos.
Foron realizadas eleccións municipais o 5 de decembro de 2004, que elixiron os consellos para mandatos de 5 anos. A Lei de Participación Popular de abril de 1994, que distribúe unha porción significativa das finanzas nacionais polas autarquías, para o seu uso discrecional, permitiu que comunidades anteriormente relegadas obtivesen grandes melloras nas súas infraestruturas e servizos.
Partidos políticos[editar | editar a fonte]
Partidos políticos | |||
Nome | Siglas | Fundador | |
---|---|---|---|
Acción Democrática Nacionalista | ADN | Hugo Banzer Suárez | |
Izquierda Unida | IU | - | |
Movimiento al Socialismo | MAS | Evo Morales | |
Movimiento Bolivia Libre | MBL | - | |
Movimiento de Izquierda Revolucionaria | MIR | Jaime Paz Zamora | |
Movimiento Nacionalista Revolucionario | MNR | Víctor Paz Estenssoro | |
Nueva Fuerza Republicana | NFR | Manfred Reyes Villa | |
Partido Socialista de Bolivia | PS | Marcelo Quiroga Santa Cruz | |
Poder Democrático Social | PODEMOS | Jorge Quiroga Ramírez | |
Movimiento SIn Miedo | MSM | Juan Del Granado Cosio | |
Falange Socialista Boliviana | FSB | Oscar Unzaga de la Vega |
Economía[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Economía de Bolivia.
Bolivia, hai moito un dos máis pobres e menos desenvolvidos países da América Latina, fixo progresos considerábeis no sentido do desenvolvemento dunha economía de mercado. Durante a presidencia do presidente Gonzalo Sánchez de Lozada (1993-97) Bolivia asinou un tratado de comercio libre con México, tornouse membro asociado do Mercado Común do Cono Sur (Mercosul) e procedeu á privatización da liña aérea estatal, da compañía de teléfonos, dos ferrocarrís, da compañía eléctrica e da compañía petrolífera.
O crecemento económico aminorou en 1999, en parte debido a políticas orzamentais restritivas que limitaron os fondos necesarios para programas de loita contra a pobreza, e ás consecuencias da crise financeira asiática. No ano 2000, serios disturbios públicos en abril e en setembro/outubro baixaron o crecemento a un 2,5%. O PIB boliviano non creceu en 2001 debido ao abrandamento global e á vagarosa actividade doméstica.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
|
|
|