Ocupou os postos de organista en Arnstadt entre 1703 e 1707, e Mühlhausen (1707-1708), organista da corte e posteriormente mestre de capela do duque de Weimar, e entre 1717 e 1723 foi director musical na corte do príncipe Leopold en Köthen. A partir de 1723 e ata a súa morte, Bach foi mestre de capela e kantor na igrexa de Santo Tomás en Leipzig e director musical da cidade. Chegou a ser invitado á corte de Federico II o Grande en Sanssouci.
Teodosio Vesteiro Torres, nado en Vigo o 12 de xuño de 1847 e finado en Madrid o 12 de xuño de 1876, foi un músico, xornalista e escritor galego. Os seus pais foron Juan María Vesteiro Barbeito, oficial de infantería, natural de Lugo, e Antonia Torres Fernández, natural da Coruña. Ingresou no Seminario de Tui en 1860, onde ocupou unha cátedra de Humanidades e foi bibliotecario, clasificando e ordenando os máis de 6 000 libros alí existentes. Comezou a escribir no Boletín Eclesiástico del Obispado de Tuy. Foi vicepresidente da sociedade La Juventud Católica del Miño, redactor de La Juventud Católica de Tuy e director da orquestra da Catedral de Santa María. En 1871 abandonou os estudios eclesiásticos e trasladouse a Madrid onde exerceu o ensino musical, residindo na casa dos seus curmáns Lorenzo Quintero e Emilia Calé y Torres. En 1872 morreu a súa nai, suceso que lle afectaría fondamente.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todos poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo as nosas estatísticas, temos un total de 71 278 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 267 estiveron activas durante o último mes. Todos os editores da Wikipedia son voluntarios, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.