Jump to content

Como contribuír

From mediawiki.org
Revision as of 21:16, 29 September 2016 by Shirayuki (talk | contribs) (Reverted edits by 2A03:2880:3010:BFFA:FACE:B00C:0:1 (talk) to last revision by Shirayuki)
Todo o contido dos proxectos da Wikimedia está publicado baixo licenzas libres. Escriba código para acceder, mesturar e facer medrar esta inmensa fonte de coñecemento libre a través da robusta API, dispoñible en todos os wikis de MediaWiki. Hai tamén dispoñibles outras fontes de datos abertas, incluídos as copias XML e SQL.
Os parches son benvidos! Podes mellorar o núcleo de MediaWiki e as súas extensións, a súa aparencia vía peles, a customización de usuario como guións e trebellos, ou modelos para procesar contido.

Crea bots para procesar contido e aloxa as túas ferramentas en Labs. Fedella con aplicacións móbiles ou de escritorio como Huggle e AWB. Ou axuda ao equipo de Site Operations a manter a infraestrutura de Wikimedia.

Todo o código é libre e aberto. Escolle un proxecto de codificación, grande ou pequeno! As linguaxes principais son PHP, JavaScript, HTML e CSS, así coma Lua para algúns modelos e extensións.
Informa dun erro! Axude tamén a mellorar a calidade dos nosos proxectos a través de probas manuais, probas de navegador automatizadas, integración continua e administración de erros.
Como embaixador técnico, axude aos outros usuarios con cuestións técnicas, transmita noticias técnicas para informar aos outros usuarios sobre o que lles vai afectar e únase á lista de embaixadores para actuar como unha ponte entre os desenvolvedores e o seu wiki local.
Os escritores en inglés poden mellorar a documentación de MediaWiki, outras páxinas de soporte esenciais e, de feito, calquera páxina deste sitio web.
Se é falante dunha lingua diferente da inglesa, pode unirse ao esforzo de traducir este sitio web e o software de MediaWiki.
Axude aos usuarios e desenvolvedores que buscan respostas na Taberna ou nas canles de comunicación e as redes sociais de MediaWiki.
Que necesitan os usuarios? Que características hai que desenvolver? Que erros debemos priorizar? Axude a planificar as tarefas pendentes cos deseñadores e desenvolvedores.
Axude a aplicar os principios de deseño da Wikimedia nos proxectos mediante comentarios, pequenas melloras, traducións e interfaces móbiles.
Coñeza a comunidade no ciberespazo ou en persoa.

[[category:MediaWiki developmentTemplate:Translation]] [[Category:MediaWiki.org websiteTemplate:Translation]] [[Category:New contributorsTemplate:Translation]]