Gaivota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Laridae")
Gaivota
Adulto
Adulto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Suborde: Lari
Familia: Laridae
Vigors, 1825
Xéneros

11, ver texto

As gaivotas son aves mariñas da familia Laridae, estreitamente relacionadas coas cos membros da familia Sternidae. A maioría das gaivotas pertence ó xénero Larus.

Características[editar | editar a fonte]

Bando de gaivotas na praia da Concha (Espasante, Ortigueira).

As gaivotas son en xeral aves grandes, de cor gris ou branca, a miúdo con pintas negras na cabeza ou nas ás. Adoitan ter bicos robustos, bastante longos. A maioría das gaivotas, particularmente as do xénero Larus, son carnívoras ou detrívoras (tomarán a comida viva ou recollerana do lixo se teñen a oportunidade) que inclúen na súa dieta caranguexos e peixes pequenos[Cómpre referencia].

As gaivotas adoitan ser aves mariñas ou de lagos, ríos e lagoas interiores. Son voadoras de grandes distancias. As especies de maior tamaño tardan ata catro anos en lograr unha plumaxe de adulto, nas gaivotas pequenas este tempo redúcese a dous anos. Son aves con complexos métodos de comunicación e unha estrutura social moi desenvolvida. Certas especies (Larus argentatus) posúen condutas moi complexas.

Moitas especies de gaivota aprenderon a coexistir co home, polo que as súas poboacións medraron en zonas próximas a núcleos urbanos costeiros.

Subgrupos[editar | editar a fonte]

Os ornitólogos clasifican ás gaivotas en dous subgrupos:

A hibridación entre as especies de gaivota adoita ser frecuente, aínda que depende das especies.

A taxonomía das gaivotas é complicada, especialmente nas de testa branca.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Esta é unha lista de especies das Laridae, ordenadas en secuencia taxonómica.


Xénero Larus

Xénero Ichthyaetus

Genus Leucophaeus

Xénero Chroicocephalus [1] (até hai pouco incluído no xénero Larus[2])

Xénero Saundersilarus

  • Saundersilarus saundersi (discútese se a gaivota de Saunders forma este xénero propio ou pertence ao Chroicocephalus[3])

Genus Hydrocoloeus

Xénero Rhodostethia

Xénero Rissa

Xénero Pagophila

  • Pagophila eburnea

Xénero Xema

  • Xema sabini (outros autores séguena considerando no xénero Larus, Larus sabini), gaivota de Sabine

Xénero Creagrus

  • Creagrus furcatus

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Frank Gill e David Donsker (outubro 2010). «IOC World Bird List. Version 2.6». Worldbirdnames.org (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2010. 
  2. Pons J.M., Hassanin, A., e Crochet P.A.(2005). "Phylogenetic relationships within the Laridae (Charadriiformes: Aves) inferred from mitochondrial markers." Molecular phylogenetics and evolution 37(3):686-699)
  3. Pons J.M., Hassanin, A., e Crochet P.A.(2005). "Phylogenetic relationships within the Laridae (Charadriiformes: Aves) inferred from mitochondrial markers." Molecular phylogenetics and evolution 37(3):686-699)

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gaivota

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]