Gaivota
Gaivota | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto |
|||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
|
|||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||
11, ver texto |
As gaivotas son aves mariñas da familia Laridae, estreitamente relacionadas coas cos membros da familia Sternidae. A maioría das gaivotas pertence ó xénero Larus.
Índice
Características[editar | editar a fonte]
As gaivotas son en xeral aves grandes, de cor gris ou branca, a miúdo con pintas negras na cabeza ou nas ás. Adoitan ter bicos robustos, bastante longos. A maioría das gaivotas, particularmente as do xénero Larus, son carnívoras ou detrívoras (tomarán a comida viva ou recollerana do lixo se teñen a oportunidade) que inclúen na súa dieta caranguexos e peixes pequenos[Cómpre referencia].
As gaivotas adoitan ser aves mariñas ou de lagos, ríos e lagoas interiores. Son voadoras de grandes distancias. As especies de maior tamaño tardan ata catro anos en lograr unha plumaxe de adulto, nas gaivotas pequenas este tempo redúcese a dous anos. Son aves con complexos métodos de comunicación e unha estrutura social moi desenvolvida. Certas especies (Larus argentatus) posúen condutas moi complexas.
Moitas especies de gaivota aprenderon a coexistir co home, polo que as súas poboacións medraron en zonas próximas a núcleos urbanos costeiros.
Subgrupos[editar | editar a fonte]
Os ornitólogos clasifican ás gaivotas en dous subgrupos:
- As gaivotas de testa branca e ás grandes, como a Larus argentatus, Larus marinus ou Larus fuscus.
- As gaivotas de ás brancas menores, como a Larus glaucoides ou Larus hyperboreus.
A hibridación entre as especies de gaivota adoita ser frecuente, aínda que depende das especies.
A taxonomía das gaivotas é complicada, especialmente nas de testa branca.
Clasificación[editar | editar a fonte]
Esta é unha lista de especies das Laridae, ordenadas en secuencia taxonómica.
Xénero Larus
- Larus pacificus
- Larus belcheri, gaivota de Belcher ou gaivota cangrexeira
- Larus argentatus, gaivota clara
- Larus atlanticus, gaivota de Olrog
- Larus crassirostris, gaivota de cola negra
- Larus heermanni
- Larus canus, gaivota cana
- Larus delawarensis, gaivota de Delaware
- Larus californicus, gaivota de California
- Larus marinus, gaivotón
- Larus dominicanus, gaivota cociñeira
- Larus dominicanus vetula
- Larus glaucescens
- Larus occidentalis
- Larus livens
- Larus hyperboreus, gaivota hiperbórea
- Larus glaucoides, gaivota polar
- Larus glaucoides kumlieni
- Larus thayeri, gaivota de Thayer
- Larus argentatus, gaivota arxéntea
- Larus heuglini
- Larus smithsonianus gaivota arxéntea americana
- Larus michahellis, gaivota patiamarela
- Larus cachinnans, gaivota do Caspio
- Larus vegae, gaivota do leste de Siberia
- Larus armenicus, gaivota de Armenia
- Larus schistisagus
- Larus fuscus, gaivota escura
Xénero Ichthyaetus
- Ichthyaetus leucophthalmus, gaivota de ollo branco
- Ichthyaetus hemprichii, gaivota fulixinosa
- Ichthyaetus ichthyaetus
- Ichthyaetus audouinii, gaivota de Audouin
- Ichthyaetus melanocephalus, gaivota cabecinegra
- Ichthyaetus relictus
Genus Leucophaeus
- Leucophaeus scoresbii, gaivota Dolphin
- Leucophaeus atricilla, gaivota chorona americana
- Leucophaeus pipixcan, gaivota de Franklin
- Leucophaeus fuliginosus
- Leucophaeus modestus
Xénero Chroicocephalus [1] (até hai pouco[cando?] incluído no xénero Larus[2])
- Chroicocephalus novaehollandiae
- Chroicocephalus scopulinus
- Chroicocephalus hartlaubii
- Chroicocephalus maculipennis, gaivota de carapucha marrón
- Chroicocephalus cirrocephalus, gaivota de cabeza cincenta
- Chroicocephalus serranus, gaivota andina
- Chroicocephalus bulleri, gaivota de bico negro
- Chroicocephalus brunnicephalus, gaivota de testa marrón
- Chroicocephalus ridibundus, gaivota chorona
- Chroicocephalus genei, gaivota de bico fino[3]
- Chroicocephalus philadelphia, gaivota de Bonaparte
Xénero Saundersilarus
- Saundersilarus saundersi (discútese se a gaivota de Saunders forma este xénero propio ou pertence ao Chroicocephalus[2])
Genus Hydrocoloeus
- Hydrocoloeus minutus, gaivota pequena
Xénero Rhodostethia
- Rhodostethia rosea, gaivota rosada, gaivota de Ross
Xénero Rissa
- Rissa tridactyla, garrucho
- Rissa brevirostris, garrucho de patas vermellas
Xénero Pagophila
- Pagophila eburnea, gaivota marfil
Xénero Xema
- Xema sabini (outros autores séguena considerando no xénero Larus, Larus sabini), gaivota de Sabine
Xénero Creagrus
- Creagrus furcatus
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Frank Gill e David Donsker (2010). "IOC World Bird List. Version 2.6". Worldbirdnames.org (en inglés). Consultado o 21 de decembro de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 Pons J.M., Hassanin, A., e Crochet P.A.(2005). "Phylogenetic relationships within the Laridae (Charadriiformes: Aves) inferred from mitochondrial markers." Molecular phylogenetics and evolution 37(3):686-699)
- ↑ A Chave (2015). Nomes galegos das aves recomendados pola Chave (PDF). p. 90.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Laridae de Galicia.
-
Alimentando gaivotas con mexillón
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Rudy's Gull-index: Imaxes das distintas especies de gaivotas.
- The Norwegian Gull Page: Arquivo de tódalas especies de gaivotas de Europa.
- Imaxes de paxaros - Gaivotas: Imaxes e descricións das gaivotas de España, Países Baixos, Francia e Polonia.
- Vídeos de Gaivotas na Internet Bird Collection
|