Xoves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

O xoves ou quinta feira[1] é o cuarto día da semana. O termo "xoves" vén do latín Iovis (dies) ou día de Xúpiter, deus supremo romano, e o termo "quinta feira" procede do latín quinta feria (ou feria quinta).

Nomes noutras linguas[editar | editar a fonte]

Xoves nas distintas linguas de Europa.
Lingua Nome Significado
Alemán Donnerstag Día de Donar
Búlgaro Четвъртък/Tschetvartak O cuarto da semana
Catalán Dijous Día de Xúpiter
Checo Čtvrtek O cuarto da semana
Chinés Tradicional 星期四/Xīng Qī Sī Catro da semana
Español Jueves Día de Xúpiter
Éuscaro Ostegun Día de Ortzi/Ost
Francés Jeudi Día de Xúpiter
Holandés Donderdag Día de Donar
Inglés Thursday Día de Thor
Irlandés Dé ardaoin O día entre dous xaxúns
Islandés Fimmtudagur Quinto día
Italiano Giovedì Día de Xúpiter
Noruegués Torsdag Día de Thor
Quechua Illa P'unchay Día da luz ou do resplandor
Portugués Quinta-feira Quinto día
Romanés Joi Día de Xúpiter
Ruso Четверг/Chitvierg Cuarto día
Xaponés 木曜日/Mokuyoubi Día das árbores

O xoves na cultura popular[editar | editar a fonte]

Algúns conservan o resto do cirio que iluminou o sagrario durante os oficios do Xoves Santo pois cren que se se acende ten a virtude de disipa-las treboadas.

Para diagnostica-lo enganido (raquitismo) dun meniño, ponse un vaso de auga na súa cabeza e bótanse nove pingas de cera do cirio do Xoves Santo. Se as nove pingas se xuntan significa que o meniño ten o mal. Para curalo, xuntan a auga de nove fontes e botan nela follas de xaro, bañando despois ó meniño nela.

Fraseoloxía[editar | editar a fonte]

  • ¡Sempre no medio, coma o xoves!
  • Ser máis atravesado que un xoves.

Refraneiro[editar | editar a fonte]

  • O luns e o martes lava a curiosa; o mércores e o xoves, a envexosa; e o sábado, a preguizosa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Feira". Dicionario Real Academia Galega. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoves
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de xoves
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de quinta feira

Outros artigos[editar | editar a fonte]