Metamorfoses
- Se procura pola obra de Apuleio, Metamorfoses vexa O asno de ouro
Metamorfoses é un libro de Publio Ovidio Nasón escrito no século I a.C. que é un extenso poema de máis de 12.000 exámetros e reúne os relatos de numerosos mitógrafos gregos anteriores nunha colección de lendas etiolóxicas clasificadas cronoloxicamente dende o Caos orixinario ata a época de Augusto, incluíndo tamén a do propio César, metamorfoseado en astro.
Partes[editar | editar a fonte]
As súas cinco partes históricas son:
- 2ª: Cambio dende Acteón, Penteo e Baco (e a súa nai Semele) no trono de Tebas ata Anfión e os seus contemporáneos, que conviven cos seus proxenitores: Perseo, fillo do rei de Argos, as fillas de Pandión, Filomela e Procne, fillas de Pandión, rei de Atenas, Acrisio ou Ágave e Ino, nai e tía de Penteo.
- 3ª: Relato da viaxe de Xasón e os seus compañeiros argonautas (na nao Argos) na procura do vélaro de ouro, relatando primeiro a vida da xeración dos pais dos argonautas (Exeo, rei de Atenas; Éaco, o de Exina; Pelias e Esón en Tesalia; Niso en Megara; a loita destes tres últimos contra Minos, rei de Creta) e logo a propia viaxe, cun intermedio para relatar o enfrontamento interxeracional co episodio de Dédalo e o seu fillo Ícaro;
- 4ª: A guerra de Troia (inmortalizada por múltiples filmes) dividida na propia guerra e no Nostoi (a viaxe de regreso dos heroes a Troia, sobre todo Eneas buscando unha nova patria);
- 5ª: Sucesores de Eneas: reis de Alba, sobre todo Proca; divinización de Remo e Rómulo; reis de Roma, sobre todo Numa Pompilio; Cipo e Esculapio na época dos etruscos; e Xulio César e Augusto;
O relato destaca pola súa densidade narrativa, a relación entre as súas partes e a conformación de sagas e ciclos familiares. Os temas máis recorrentes son o amor, a ira, a guerra, o humor, a vinganza e sobre todo a transformación metamórfica, sempre baixo o designio dos catro elementos (aer, terra, unda e ignis). Máis adiante, abandonando estas metáforas etiolóxicas, aparecen a morte, a piedade, a eternidade (Roma aeterna) e a xustificación do sistema monárquico-imperial establecido mediante a xenealoxía.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Martin, René (1992) Dictionnaire culturel de la mithologie gréco-romaine. Paris: Éditions Nathan.
- Ovidio (2005) [edición bilingüe; trad. José Antonio Dobarro Posada & Estrella Fernández Graña] Metamorfoses. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Comunicación social e Turismo da Xunta de Galicia & Editorial Galaxia: Vigo.
- Palés Castro, Marisol & Villar Rodríguez, Celia (1998) Diccionario de mitología clásica. Madrid: Editorial Espasa.
|