Portada galega
Imaxina un mundo onde todas as persoas do planeta teñan acceso gratuíto á suma de todo o coñecemento humano. Ese é o noso compromiso.
E necesitamos a túa axuda. Por favor, apoia a Fundación Wikimedia facendo unha doazón hoxe.
A Fundación Wikimedia, Inc. é unha organización sen fins de lucro dedicada a alentar o crecemento, desenvolvemento e distribución de contido libre e multilingüe, e proporcionar ao público, de balde, todo o contido dos proxectos baseados no wiki. A Fundación Wikimedia funciona con algúns dos proxectos colaborativos máis grandes do mundo, incluída a Wikipedia (a Galipedia, na versión en galego), un dos dez sitios web máis visitados.
Blogue da WikimediaConsulta as últimas novas acerca da Fundación Wikimedia.
ApóianosA Fundación Wikimedia depende en gran parte das xenerosas doazóns dos seus usuarios. Por favor, considera realizar unha doazón, contribuíndo co teu tempo, os teus cartos ou axudándonos a mercar hardware. A páxina de benfeitores está dedicada a algunhas das compañías e individuos que axudaron a manter os proxectos da Wikimedia. A Fundación Wikimedia non avala necesariamente as actividades dos seus benfeitores corporativos. A Fundación Wikimedia é unha organización sen fins de lucro localizada nos Estados Unidos de América do tipo 501(c)(3), as doazóns dos cidadáns estadounidenses son deducibles de impostos. As doazóns feitas por cidadáns doutros países tamén poden ser deducibles segundo os casos. Bótalle un ollo á páxina sobre a dedución de doazóns para obter máis información. Para ampliar os detalles acerca das doazóns feitas mediante o PayPal, MoneyBookers, correo postal ou ingreso bancario, vai á páxina de recadación de fondos. Para calquera outro tipo de doazón, ponte en contacto connosco. Detalles corporativosO consello de administración da Wikimedia é a principal autoridade corporativa na Fundación Wikimedia, Inc., e ten o poder de dirixir as actividades da Fundación. Os regulamentos da Fundación pódense consultar nos estatutos da Fundación Wikimedia. As outras políticas dispostas polo consello están presentes na páxina de políticas. A Fundación xestiona o orzamento, que serve para pagar en primeiro lugar o equipamento informático e os servidores. Nos custos restantes atópase o persoal necesario para manter os proxectos da Wikimedia, aínda que a maior parte dos colaboradores son voluntarios. Este sitio mantén unha lista de comunicados relativos ás reunións do consello. As últimas decisións do consello atópanse na páxina de resolucións. |
Informe anual 2008/2009Dentro da Wikimedia
Últimas novasConsulta tamén a actualidade, se queres máis información. |
Galipedia Enciclopedia libre |
Galizionario Dicionario libre |
Wikinews Fonte de novas libre |
Galilibros Libros de texto e manuais libres | |||||||
Galicitas Colección de citas |
Galifontes Documentos de orixe libre |
Wikiversity Materiais de aprendizaxe libres |
Wikivoyage Guía de viaxes libre | |||||||
Wikispecies Directorio de especies |
Commons Repositorio multimedia |
Wikidata Base de datos libre |