Agosto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
<< Agosto >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31
2016
Todos os días
Agosto ilustrado no libro de horas Les Très Riches Heures du Duc de Berry, manuscrito do século XV.

Agosto é o oitavo mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días. Foi nomeado na honra do emperador romano Octavio Augusto (Octavianus Augustus). Anteriormente o mes tiña o nome de Sextilis, pois era o sexto mes do ano romano que empezaba en marzo, mais foi renomeado por ser o mes no que morreu Cleopatra.

En Galicia recibe tamén o nome de mes da Nosa Señora, por celebrarse o día 15 o día de Santa María.

Agosto na cultura popular[editar | editar a fonte]

A lúa crecente de agosto é a mellor para que aproveiten os baños a un enfermo.

Santa Clara (11 de agosto) é avogosa para o bo tempo. Por iso, para asegura-lo sol no día da voda é costume levar ovos a Santa Clara. Tamén se lle pide que interceda para conseguir boas notas nos exames.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agosto

Bibliografía[editar | editar a fonte]