Nepal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
संघीय लोकतान्त्रिक गणतन्त्र नेपाल
Sanghiya Loktāntrik Ganatantra Nepāl

República Democrática
Federal do Nepal
Bandeira do Nepal Escudo do Nepal
Bandeira Escudo
Lema: जननी जन्मभूमिश्च स्वर्गादपी गरीयसी
(Devanāgarī: Nai e Patria son máis grandes que os ceos)
Himno nacional: Sayaun Thunga Phool Ka
 
Nepal (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Katmandú
949.486 (2009)
Linguas oficiais
Nepalés
Forma de goberno República federal
Bidhya Devi Bhandari
Khadga Prasad Oli
Unificación
 • Reino
 • Estado
 • República

21 de decembro de 1768
15 de xaneiro de 2007
28 de maio de 2008
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 93º
147.181 km²
2,80
2.926 km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 40º
26.494.504[1] (2011 est.)
199,3 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2009)
 • PIB per cápita
Posto 108º
US$ 12.615 millóns
US$ 452
PIB (PPA)
 • Total (2009)
 • PIB per cápita
Posto 98º
US$ 31.582 millóns
US$ 1.205
IDH (2007) 0,553 (144º) – Medio
Moeda Rupia (रू, NPR)
Xentilicio Nepalés, nepalesa
Fuso horario UTC+5:45
Dominio de Internet .np
Prefixo telefónico +977
Prefixo radiofónico 9NA-9NZ
Código ISO 524 NPL NP
Membro de: ONU, SAARC
Tódolos países do mundo
Este artigo amosa letras indias. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Nepal é un país do sur de Asia, con fronteiras coa China (Tíbet) ao norte e a India ao sur. A súa capital e Katmandu; a lingua oficial é o nepalés e a moeda é a rupia nepalesa. O país foi unha monarquía ata 2008 sendo Gyanendra o seu derradeiro rei.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa de Nepal

Nepal ten, máis ou menos, a forma dun trapecio irregular, formando un pequeno país que de leste a oeste ten unha lonxitude duns 800 km e de norte e sur unha anchura máxima duns 200 km, cubrindo unha área de 147.181 km².

Desde unha perspectiva fisiográfica, Nepal pode ser dividido en tres zonas, que dun xeito groseiro, están orientadas de leste a oeste: a zona montañosa, a zona dos outeiros e a rexión do Terai. Estas tres zonas están irrigadas polos maiores cursos de auga do país. A altitude varía desde os 60 metros no Terai, até os 8.848 metros na cima do Everest. Este gradiente tan enorme entraña unha diversidade de climas e de terras.

Climas[editar | editar a fonte]

A grandes trazos hai tres variedades climáticas básicas:

  • subtropical nas chairas do Terai, que bordean no sur do país á India, e por onde corren os tres ríos principais, Kosi, Narayani e Karnali, que pertencen á marxe norte da grande chaira indo-ganxética. Caracterízase por unha estación chuviosa, entre xuño e setembro, causada polo monzón, e outra estación, seca, que cubre o resto do ano;
  • temperado na rexión central, de montañas medianas e outeiros;
  • frío e seco na rexión das altas montañas do Himalaia.

Soamente un 20 % da superficie total do país é cultivábel, de xeito que as necesidades acrecentadas unha poboación que medra, tanto en combustíbel como en arroz, o alimento básico, arrastran a unha deforestación preocupante.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Nepal.

Linguas[editar | editar a fonte]

Segundo o censo do 2001, fálanse 92 linguas en Nepal. As principais (porcentaxes como lingua nai) son: nepalés (49%), Maithili (12%), Bhojpuri (8%), Tharu (6%), Tamang (5%), Newari/Nepal Bhasa (4%), Magar (3%), Awadhi (2%), Bantawa (2%), Limbu (1%), e Bajjika (1%). As restantes 81 son faladas por menos do 1%.

Zonas[editar | editar a fonte]

Nepal Nepal divídese en 14 zonas
Subdivisions of Nepal PT.png

Reino de Mustang[editar | editar a fonte]

O reino de Mustang é un pequeno Reino semi independente no seo do Nepal, situado no norte do Nepal, fundado sobre o 1380. Ocupa 1.200 km², e tamén recibe o nome de «Reino Prohibido». Ten 8.000 habitantes, e a súa capital é Lo Mastang. A rexión é tan hostil, situado no Himalaia, que ata o comezo dos anos 1980 o Reino estaba totalmente illado do mundo. O réxime político é feudal.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da demografía entre 1960 e 2010 (cifra da FAO, 2012). Poboación en milleiros de habitantes.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "National Population and Housing Census 2011 (National Report)" (PDF). Central Bureau of Statistics (Nepal). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 April 2013. Consultado o 26 November 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nepal Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.