Benvidos á páxina do Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”. Este é un espazo deseñado para facilitar o acceso á investigación da Historia actual especializada en información sobre a guerra civil e  a represión franquista en Galicia. Convidámoste a que coñezas o noso traballo e as nosas pescudas. 

Consulta na base de datos de vítimas a persoa que estás buscando, introducindo os datos dos que dispoñas

Audio. "Cela no tempo de silencio: xenealoxía da república das letras no primeiro franquismo" de Alejandro Alonso

Xa se pode escoitar (e/ou descargar) a conferencia "Cela no tempo de silencio: xenealoxía da república das letras no primeiro franquismo" que dispensou o profesor do The Graduate Center da City University of New York, Alejandro Alonso, dentro do Ciclo "Pasados incómodos: guerra, memoria e historia, organizada por Histagra o 18 de decembro de 2014 na Facultade de Xeografía e Historia.

Audio da conferencia "Entre a Arcadia e a Barbarie" de Alejandro Alonso

Xa se pode escoitar (e/ou descargar) a conferencia "Entre a Arcadia e a Barbarie: sobre a imaxinación política do campo na ficción dos anos 40" que dispensou o profesor do The Graduate Center da City University of New York, Alejandro Alonso, dentro dos Seminarios Histagra 2014-15, o día 7 de novembro na Facultade de Xeografía e Historia.

Audio da conferencia "A catástrofe: un entronque analítico da literatura coa historia" de Joan Ramón Resina

Xa se pode escoitar (e/ou descargar)a conferencia "A catástrofe: un entronque analítico da literatura coa historia" de Joan Ramón Resina (Stanford University, USA). incluída no ciclo "Pasados incómodos: guerra, memoria e historia", que organizou Histagra o martes 25 de novembro de 2014.

Dossier do ciclo de conferencias Pasados incómodos: Guerra, memoria e historia.

O Grupo de Investigación Histagra ten como un dos seus principais obxectivos o estudo do golpe de estado do 36, a guerra civil, o franquismo e a transición política en España e, neste marco de investigación, se levou a cabo o ciclo de conferencias Pasados incómodos: Guerra, memoria e historia, no que participaron especialistas da historia, estudos culturais, socioloxía, xudicatura e do pensamento para analizar o pasado e a memoria, así como o seu tratamento presente.

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia