Blogaliza emprega cookies só para analizar as visitas. Non gardamos información persoal dos usuarios. (pechar)

CCCP

Outubro 19th, 2015

Doa Ocampo

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

doa-oa

As carnotxas das arinspunk , descubríronnos o traballo de Doa Ocampo. Unha artista da banda de Sober que leva ao  rural galego (ese mundo ciberpunk) todo o bonito do graffiti, sen deixar de interactuar coa contorna.
Cousa bonita!

Outubro 16th, 2015

Shoulder to Shoulder

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

ireland_call
Este blog, en estado vexetativo,naceu para postear cousas bonitas. Pois ben, este vídeo de le monde sobre a orixe do himno da selección irlandesa de rugby moito me prestou.

Que aquí somos seareiros do rugby e dos trevol xa o dixemos moitas veces

Febreiro 10th, 2014

Lupus

Posted by W. Sobchak in Livros


Ando a ler bastante banda desenhada. Sen dúbida o libro que máis me prestou foi Lupus do suizo Frederik Peeters. Disque é unha obra de  ficción científica, mais a min pareceume máis un slice os life deses

Xaneiro 9th, 2014

Antoni Sendra VS Strummer

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Antoni Sendra é un artista da banda de Valencia, que disque é autodidacta do after effects. Promete facer máis vídeos destes. Porén como no CCCP somos seareiros totais do Strummer non podíamos deixar de postear isto.

 

E xa que   estámos a falar das  animacións a partir do audio de entrevistas de estrelas do rock, compre  ligar aos mestres do xénero

Decembro 9th, 2013

Non vai calor cando ela está lonxe

Posted by W. Sobchak in Internete, Livros


Como nos tempos gloriosos do blogomillo. O gran Samuel L. París colga na rede poemarionova, unhas instrucións para facer poemarios DIYS, e en apenas unha semana acada case 20 participacións!
Destas cousas bonitas coas que agasalla a rede de cando en cando.
Dese o CCCP non o dubidamos e participamos con Non vai calor cando ela está lonxe. Que non sabemos se recomendamos ler antes ou despois de ter visto as interaccións

Por certo, isto de facer poesía, cando menos con regras, éche unha boa ximnasia para os miolos

Decembro 4th, 2013

Rossete

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais


Se cadra estes franceses non deberían pensar tanto na matanza do porco…

Outubro 28th, 2013

Linger on

Posted by W. Sobchak in Música, Outras lerias

[gv data=”PK4DeMYtumc” width=”450][/gv]

Non son nada seareiro de obituarios e/ou efeméredes. Mais este tema préstame moito. Pois sio, linger on..,

Outubro 25th, 2013

Thought of You

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho, Audiovisuais

[gv data=”OBk3ynRbtsw” width=”450″][/gv]

Aínda que non gostes da danza é imposible non adorar esta peza do debuxante e animador Ryan Woodward.
Debuxante de Storyboards para Hollywood, comezou como animador de efectos e está casado con unha bailarina. Iso xa explica moito, pero se queredes máis  info sobre a curta premede aquí 

Outubro 24th, 2013

Anne Rearick

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Anne Rearick é unha desas fotógrafas documentalistas que tanto nos prestan

Outubro 22nd, 2013

Boulet

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Nunca pensei que se puidera facer algo tan bonito ( e integrado ) con un gift animado como esta banda desenhada de Boulet!

Maio 28th, 2013

Resistindo

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Igualiño que os camaradas 

Xaneiro 28th, 2013

Grégoire GUILLEMIN

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Este blog leva tempo en defcon 5. É dicir, apenas se actualiza cando a situación o require. Pois ben a situación requerire que todos voçes gocen a eito coas ilustracións de Grégoire Guillemin.

Revisitando, con estilo e retaranca, iconos pop do século XXI (ou anteriores)

Novembro 19th, 2012

Henri Cartier-Bresson na URSS

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Un dos grandes,Henri Cartier-Bresson  seica  estivo varias veces na URSS captando momentos decisivos. E nos non podemos máis que adorar

Novembro 15th, 2012

Max Sher

Posted by W. Sobchak in Fotografía

 

 

Max Sher é un fotografo que naceu pola banda de San Petesburgo   ( o de verdade) e medrou pola de Siberia. Con esa bagaxae ,  era inevitábel que no CCCP gostaramos del

 

Novembro 10th, 2012

E Chantada foi o centro do Universo

Posted by W. Sobchak in Música

No CCCP fomos ate o Castañazo Rock en chantada e fixemos unha crónica para o Dioivo que comeza así:

Cálido. Quente.  Xa sei que escoller estes adxectivos para un festival en novembro no interior de Lugo non semella o máis acaído. Pero non me veñen outros á cabeza despois de ter pasado o sábado enteiro en Chantada, onde celebraron a  X edición do Castañazo Rock, na que decidiron (en boa hora) voltár ás raices do festival. … Para seguir lendo o resto

 

PD: tamén foron aló dos de GzMusica e trouxeron canda eles un feixe de  cousas interesantes

Páxina seguinte »