Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 520

Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 535

Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 542

Deprecated: Assigning the return value of new by reference is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 578

Deprecated: Function set_magic_quotes_runtime() is deprecated in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php on line 18

Strict Standards: Declaration of Walker_Page::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1199

Strict Standards: Declaration of Walker_Page::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1199

Strict Standards: Declaration of Walker_Page::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1199

Strict Standards: Declaration of Walker_Page::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1199

Strict Standards: Declaration of Walker_PageDropdown::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1244

Strict Standards: Declaration of Walker_Category::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1391

Strict Standards: Declaration of Walker_Category::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1391

Strict Standards: Declaration of Walker_Category::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1391

Strict Standards: Declaration of Walker_Category::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1391

Strict Standards: Declaration of Walker_CategoryDropdown::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/classes.php on line 1442

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class wpdb in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/wp-db.php on line 306

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class WP_Object_Cache in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/cache.php on line 431

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_lvl() should be compatible with Walker::start_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 1266

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_lvl() should be compatible with Walker::end_lvl(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 1266

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::start_el() should be compatible with Walker::start_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 1266

Strict Standards: Declaration of Walker_Comment::end_el() should be compatible with Walker::end_el(&$output) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/comment-template.php on line 1266

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class WP_Dependencies in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/class.wp-dependencies.php on line 31

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class WP_Http in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-includes/http.php on line 61

Warning: session_start(): Cannot send session cookie - headers already sent by (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:520) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Warning: session_start(): Cannot send session cache limiter - headers already sent (output started at /home/dispara/astuasbalas.com/wp-settings.php:520) in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/wordpress-automatic-upgrade.php on line 121

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp_base in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class.php on line 56

Strict Standards: Redefining already defined constructor for class ftp in /home/dispara/astuasbalas.com/wp-content/plugins/wordpress-automatic-upgrade/lib/ftp_class_sockets.php on line 8
As túas balas

nota póstuma

cremationbigflamesHai tempo xa que os obxectos empezaron a solidificarse.

As sensacións fóronse amargando ou facéndose felices dunha maneira cortante, arisca. De súpeto as páxinas dos libros tiñan máis gramaxe, as bagañas vermellas dos arbustos semellaban tan duras e compactas como os seus espiños, e ata a pel deste e o cabelo daquel eran como máis vellos, como máis ríxidos e enfreitados: ao rozalos viña un intenso pracer, si, pero tamén como unha grima antiga.

Chegou ademais un momento en que me pesaron as palabras, sobre todo as que estaban por dicir. E o vello xeladeiro acusounos, con razón, de usar metáforas de segunda man.

Así que é tempo de percorrer os quilómetros que nos quedan en silencio. Algún día caducará o dominio e estas balas serán de novo o que sempre foron. Nada. Grazas.

marvel

picture-11Tiña moitas ganas de volver a Daredevil. Hai meses lera en dixital o prólogo deste novo número (A volta do rei), ambientado na Costa da Morte. Quería saber en qué daba a cousa e, sobre todo, revivir os fermosos momentos pasados a catro mans cunha señora de case setenta anos: prós dous era a primeira vez cun daredevil .
Agora, na soidade da casa e dos días extraordinariamente cansos, leo toda a historia de principio á fin. A historia e os personaxes é fascinante, e o final gorentoso. Tamén os debuxos están perfectos (agás algo raruno que sucede nas perspectivas da páxina… — arghs, non están numeradas!). Pero non é esa corrección a que se agarda da Marvel? Pouco queda máis alá, fóra dalgunhas imaxes, como a de Kingpin paralizado polas cimitarras nos ombreiros, que me quedarán gravadas por bastante tempo.
É en cambio algo molesto o acostumado embiguismo. Ao cabo, a trama resólvese de forma forzada grazas a un xiro inesperado que, pra entendelo e gozalo, habería que saberlles o pasado de memoria a algúns secundarios. Ou así o espero, pois deste xeito perdémonos aqueles que lemos só este daredevil, e da outra forma perderíanse tamén os frikis.
Vale, quizais Daredevil #116-#119 e #500 non estea feito pra min. E talvez aí estea o problema.

spoiler

picture-1O terceiro capítulo de Flash Forward é malo de solemnidade. Mira que estaba emocionado cos dous primeiros, pero este novo capítulo, especialmente nos seus últimos minutos, é un dominó de despropósitos e desaxustes.
Podo entender que edifiquen novos cárceres en Múnic, pois se cadra o asunto das prisións é unha cuestión de seguridade nacional. Podo comprender que inventen unha rexión en Somalia pra non pagarlles dereitos de autor aos somalís. Podo admitir que o nazi teña 86 anos en 2009, dezaseis ao comezo da II Guerra Mundial, pois calquera idade é mala pra montar un holocausto. Podo conceder que o ordenador do FBI vaia lento, mostre datos agora si e agora non, e teña unha visualización dos primeiros supermarios, mais quizais estea funcionando sobre windows vista. Podo incluso pasar que desenvolvan prá ocasión sistemas de detección das poboacións de aves, pois o I+D+i é un sector que nos sacará da crise. E dóeme ata na conciencia, pero podo transixir con semellantes erros taxonómicos e de distribucións de especies de aves, a tiro de calquera wikipedia.
Pero o que non me entra na cabeza é que lles fixen eu pra fodérenme a ficción de tal maneira.

redbull

brandon_rugby_passÍa eu tranquilamente cara ao súper cando no camiño atopei un grupo de sete rapaces, de entre dez e catorce anos (así a ollo), a insultaren unhas mociñas chinesas que viñan coas bolsas da compra. Fixéronlles uns comentarios e xestos racistas, logo mandáronlles un par de empurróns e marcharon. Andaran eles unhas quince iardas e eu outras quince, deixándoas a elas abraiadas detrás, cando os dous máis pitirracos decidiron volver. Pasaron de onda min e fóronse onda elas, pedíndolles desculpas. Mais uns segundos despois metéranlles outro empurrón e empezaran a mirarlles nas bolsas. Un deles extraeu un pack de bebidas e botou a correr polo camiño… dereitiño cara a min.
Viume, e antes de chegar demostrou o que lles aprenden na escola: nun fantástico pase de rugbi guindou o pack cara á miña esquerda, por ver se o seu compañeiro, que corría por ese lado, o chapaba, e ao tempo tentaba canearme pola outra beira. Eu estendín a perna e envieille un couce non regulamentario no peito que o mandou a el contra un arbusto, a min de cu contra o chan, e as latas, que resultaron ser de redbull, a esparexerse contra o camiño.
Tiven sorte, porque ben podían vir os outros cinco, que felizmente non se pararan a ver qué acontecía, e darme unha malleira octúpida sen tempo a me erguer do chan. Pero safei, pedinlles desculpas ás mociñas e vireime de volta prá casa, atemorizado, acovardado, humillado.

As miñas dez razóns pra apoiar Río 2016…

  1. rio2016Olímpico é universal, e os Xogos nunca foron a América do Sur. Todos os outros países, xa non digo continentes, recibiron os Xogos varias veces.
  2. A candidatura é sólida, moi sólida, tecnicamente mellor valorada cá de Madrid ou a de Toquio.
  3. Se utilizamos os Xogos como ferramenta de proxección universal, Río ten moito máis ca achegar cás outras candidaturas como modelo cultural e de cidadanía, agás probablemente Toquio.
  4. A economía brasileira é de todas as catro a que ten unha maior proxección de desenvolvemento.
  5. Brasil é o quinto país por poboación do mundo.
  6. A organización suporía un motor pra todo o subcontinente e unha mellora das comunicacións entre esa parte do globo e o resto do planeta.
  7. Aínda que sempre é un problema loxístico celebrar uns Xogos no Hemisferio Sur, Río está case no ecuador, é dicir, sofre unha discreta variación estacional.
  8. Brasil demostrou unha boa competitividade nos Xogos de verán nos últimos anos: doce medallas en 2000, dez en 2004, quince en 2008… e nunha pluralidade de deportes. Porén, o número de medallas non foi tan alto como para que a organización dos Xogos non supoña un importante empurrón na súa calidade deportiva.
  9. O Río é unha sociedade multiétnica, incluso máis ca Chicago.
  10. A pesar da web, a comunicación da súa candidatura é a mellor das catro: teñen moito que ofrecerlle ao mundo.

… e as cinco pra non apoiar Madrid 2016

  1. Nin a economía nin a sociedade europea se van beneficiar directamente de Madrid 2016. É máis, das catro cidades candidatas, a que ten unha peor perspectiva económica a medio prazo é Madrid.
  2. España, un país pouco relevante no mundo político, demográfico e sobre todo, deportivo, xa organizou uns Xogos, e non hai moito: só seis Xogos atrás. Incluso entre Chicago e Atlanta hai o dobre de distancia ca entre Madrid e Barcelona.
  3. A comunicación da candidatura de Madrid é horrible. Cando ma presentaron en petit comité hai uns meses xa mo pareceu e mes a mes foron progresando en mediocridade ata superaren a da frustrada París 2012 en pésima orixinalidade: nunha soa frase, que nos vende Madrid? “Corazonadas” (chequear se corazonada existe en galego e, se non, como traducilo).
  4. A presentación da candidatura non podía ser máis pailaroca, máis antiga: Raúl, Manolo Santana, un rei… Onde está Nadal? Xogando. Onde está Cristiano Ronaldo? (non responder). Quizais se explique porque, no fondo, a cobiza polos Xogos foi bastante pailaroca: se Barcelona puido, nós tamén. Que sexa a filla de Mercedes Coghen, a cabeza visible da candidatura, a que faga de “nena” na presentación é moi simbólico: o resto do planeta cre que en España reina o nepotismo, e Madrid 2016 quérello confirmar (esquezamos agora que as probas de vela van ter lugar en Valencia…).
  5. Despois das críticas do informe do COI, que fixeron as administracións españolas e madrileñas en política antidopaxe ou en claridade financeira? E ademais, non sendo nacionalista, por que se supón que debería apoiala?

marbella

isabel_pantoja_julian_munozFoi un verán moi intenso, especialmente agosto. Trinta días traballando seguido, sen descansar un só, os últimos vinte baixo unha choiva constante. Necesitabamos praia, sol, descanso.
Este punto da costa malagueña ten de todo: un apartamento de balde, praia a menos dunha milla e entre o apartamento e a praia unhas dunas cheas de señoriños e rapazotes esperando ferrete ou cando menos zugada. Tamén hai cascudas, e veciñas que se chaman hijadeputa unha á outra, e unha autovía a menos de cen metros que bloquea o silencio a calquera hora do día ou da noite. A única forma de non escoitar o tráfico da autovía é dende o mar, onde o ruído das ondas afoga o dos coches, pois ata o exército de carricantas de mediodía é insuficiente. Estamos incomunicados: sen coche e dende onte sen internet, hai unha beiravía estreira na autovía que nos leva ata a seguinte urbanización, e de aí á seguinte, onde hai un supermercado con sección de chacinería, frutería e inmobiliaria. Este trozo de nowhere, de espazo destruído, coa lei na man é concello de Marbella.

pinchacarneiro

Ao remate dos meus primeiros tres anos neste país, o gps entra en estado de excitación, intrigado por cal será a nova tirada. Polo de agora, regresar á vida de estudante. Durante o vindeiro ano tentarei formarme en marketing deportivo. Neste país, nesta illa, á que dalgunha maneira xa pertenzo e ela me pertence a min. E cada vez máis.

macdonald

goblinsPor distintos azares caio nas poutas de George MacDonald, un escritor escocés do século XIX que é sobre todo coñecido, se se pode dicir que sexa un autor coñecido, grazas aos seus contos de fadas. Logo de ler moito del, e algunhas das súas obras con dedicación insistente, paso páxina e mudo de satélite literario. O día en que tal fago, ademais, o ceo abre despexado. O novo horario laboral, que comeza entre as cinco e as seis da mañá coma se eu fose un vello labrego, leva condenándome con menceres chuviosos todo o mes de agosto. Sol significa bici, e despois de facer as ablucións laborais correspondentes, collo o camiño da montaña.
As primeiras ramplas son as máis duras: na segunda, que nace dunha virada á esquerda e que avanza baixo un bosque tan impenetrable que me lembra que non levo luz dianteira na bici, baixa a auga en torrenteira. Despois deste agosto a humidade relativa supera o 120%, e a auga, ao arrastrarse polo firme, vai facendo como pequenos noiros de lama sobre a estrada, como se se puxese portas ao slalom só por brincar. Unha milla máis arriba o bosque desaparece, comezan as vistas e brilla o sol con tal forza que se diría que as choivas destas semanas lle lavaron tamén os raios. Ovellas, culebreiros, corvos, paxariños de toda caste, o grallar dun macho de faisán e alí á esquerda, no curuto dunha xesta, un chasco. Cando a estrada se fai máis constenta, a auga enxurra polo medio, con forza, pero ao mesmo tempo transparente, e vexo tanto o asfalto de debaixo como as millenta pingas que choutan con cada pedalada. Esta estrada é tan fermosa que nunca canso de a facer. Agora, ademais, sei que debaixo desa aparente e fermosa tranquilidade onde señorea o sol despois da treboada, habita un reino de trasnos, preparados para secuestrar o príncipe Guillerme e casalo coa súa horrenda princesa anana, peluda e con tres dedas en cada pé. Pero esa é outra historia.

enquisa, 2

Como son paciente da gripe A, non puiden contestar axeitadamente a torrenteira de comentarios do anterior post. E case mellor. Así dáme pra facer un máis e atestar que si, efectivamente, estamos ben fodidos.

  1. Os que apostaron por boicotear o proceso de enquisa, insisten en que foi unha boa decisión, e que volverían facer o mesmo. É verdade que ninguén aprende en cabeza allea, pero desta vez nin sequera aprendemos na nosa. Porque cando na guinea conakry, por exemplo, a oposición democrática, dispersa e desestruturada, decide boicotear uns comicios a maior gloria do seu ditador, están a perder oito anos (ou máis) de historia, pero cando menos salvan a vida. Mais cando nun país democrático nos opoñemos a unha consulta realizada (trapalleiramente, si), por un goberno democrático, non arriscamos a vida. O problema é que, na nosa torre de marfil, non arriscamos nada. Tampouco nos importan os resultados porque non os imos crer. O único que pode resultar é que saia un cómputo negativo, e como ese cómputo negativo é, en parte, culpa nosa, picamos o balón e tratamos de crer (nosoutros só, claro) que aquí non pasou nada.
  2. Os que estiveron dalgunha maneira no proceso de normalización, nos concellos, nas asociacións, como individuos… insisten en que eles fixeron o correcto, e que volverían facer o mesmo, só que con máis forza. Os que tiveron a culpa foron outros. Ou ben, como dirían os galos en Astérix nos Xogos Olímpicos, os xabarís comeran porcalladas, a pista estaba en mal estado, ou había unha determinada correlación de forzas. É verdade que ten máis culpa González Moreiras có responsable de normalización do concello de allariz. Pero non é cuestión de medir quen a ten máis grande (a culpa) senón de ser conscientes de que todos e todas temos o noso quiñón. Que todos metemos a pata e fixemos as cousas rematadamente mal. Todos debemos decatarnos de que a realidade vai por outro camiño. Pensar, e mudar o rumbo. E despois, establecer sistemas de avaliación e control de calidade que nos digan se estamos acadando os nosos obxectivos e non agardar a que, dentro de trinta anos, unha enquisa trapalleira nos dea unha nova vareada nos fociños.
  3. Os que estiveron sempre rompendo a cabeza coa súa teima particular, insisten en que a súa teima é a mellor, e que seguirán a facer o mesmo. Formúlase o razonamento como se tivese unha base científica sólida, do tipo: cada vez que uns pais lles deixan de falar galego aos seus fillos, se o galego se escribise como se escribe en Angola, non o farían. Ou, os pais que non queren que o seu fillo aprenda galego na escola, se o galego se escribise como se escribe en Manaos, si que quererían. Esa conclusión nunca se vai demostrar cientificamente, e tampouco estatisticamente (ao final, as sondaxes, xa se sabe, están amañadas, non se fan as preguntas correctas, etc.). Pero non importa.
  4. Os que se moven por fobias persoais, insisten en que eu me movo por fobias persoais, e seguirán a facer o mesmo. É verdade que un curmán meu pode ter razóns pra algunha fobia persoal concreta, pero nin el coñece a todas as persoas mencionadas directa e indirectamente no post (que son moitas de diola, manexando moita pasta de diola), nin eu me metín a facer este post pra seguir as súas manías nin pra tocar collóns alleos (dispensando). Senón os propios.

Conclusión:
Ninguén dos que temos que asumir responsabilidades as asumimos en público. Á vista dos comentarios, parece que tampouco se nos pasa pola cabeza facelo en privado.

Inciso histórico:
Hai moitos anos, a directiva dunha poderosa organización lingüística chegou á conclusión de que non sabía por onde tirar. Pra iso argallou unha convención á que todo o mundo podía acudir (non só os seus socios): a ver se entre todos se nos ocorría algo. A convención foi rebentada por unha facción da organización que quería ser califa en lugar do califa. Non fagamos o mesmo agora.

Apostilas:
• Ata o comentario 26, fomos evitando a lei de Berto. Mal, Calidonia, moi mal. :D
• Ro, aínda vai levar vostede unhas panaderas. Ten máis razón ca unha santa. Pero cada vez menos.