Desculpas

Pido a quen fixestes comentarios neste mes…agás a un fascista que deixou un propio da súa mente enferma.

Por un erro mandeinos ao ciberespazo e non son quen de recuperalos.

 

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Desculpas

lumes e preguntas sen resposta

Agora que andamos outro ano máis a voltas cos lumes forestais, non teño maís remedio que repetir unhas preguntiñas que levo facendo en distintos foros dende hai un ano:

Por qué no ano 2005 entre marzo e o 19 de xuño houbo unha seca prolongada con máis de corenta días de ventos moderados do nordés e apenas se produciron lumes?.

Por qué a partires do 19 de xuño comezaron a proliferar e dende primeiros de agosto (toma de posesión do novo goberno) houbo unha explosión que aínda perdura?

 

E agora engado:

Por qué o xornal do Berlusconi galego publicou a semana pasada que arderan 264 hectáreas en Culleredo (aínda están a rir da Voz por alí), cando o lume afectou a 0,26 has, e non rectificou?

Por qué ese mesmo xornal destaca en primeira plana os lumes destes días vencellándoos ao ano 89 e apenas destaca en letra pequena que este ano houbo unha importante reducción, de momento, no número e extensión dos lumes con respecto ao 2005?

 

Por qué parte do persoal de extinción contratado polos gobernos populares dixitalmente e dixitalmente feito persoal fixo nunhas “oposicións-test de xornal” vergoñentas non abría a boca en anos anteriores e agora adica máis tempo a protestar da man do sindicato do PP que a traballlar para o que se lle paga?

Cando a forma de facer política de algúns utiliza medios que poñen en perigo a vida das persoas, estamos a falar de políticos ou estamos a falar de criminais?.

 

Se cadra, algún día alguén tirará dos fíos e atoparei resposta a estas preguntas.

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en lumes e preguntas sen resposta

máis parabens

A todo o establishment (dise así, ou?) polo abrumadora acollida do pobo galego a os Reis de España.

E , como non, tamén á nosa veraz e obxectiva prensa da que reproduzo algúns  titulares:

“…las palabras de Rosalía en boca del monarca, la multitud que se agolpaba en la plaza de Armas estalló en aplausos” (La Voz de Galicia)

“miles de personas que los aclamaban” (La Voz de Galicia)

“Numerosos ferrolanos se dieron cita en los alrededores del concello para saludar el paso de los Reyes.” (La Voz de Galicia)

“Ovación ciudadana en la primera escala de los Reyes” (El Correo Gallego)

Esta fotiño de abaixo corresponde á ferrolá praza de armas o día da impresionante aclamación popular

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en máis parabens

parabens entusiastas

Á banda de Nitri polo esplendido concerto de Rosa -a de España- co que se inauguraron as festas do apóstolo, unhas festas a cada ano máis ppopulares.

Para o ano propoño a Tamara (tanto me ten que sexa a dos seis dedos ou a outra) e, se o orzamento non o permitira, a Cañita Brava.

Todo sexa pola cultura de masas. Grazas alcalde.

P.D. E o pregón que o dea o pavo ese que inventou o do OPÁ!. Os actores para estas cousas sonche uns aborrecidos.

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en parabens entusiastas

Fascistas

Que o partido popular é o herdeiro natural do Movimiento Nacional non é un segredo para ninguén.

Que os seus membros vellos, tipo Fraga, e menos vellos sinten arrepíos cando alguén lles lembra o que foron tampouco.

Que todo o seu discurso “demócrata” lles vai ben, cando lles vai ben e se non axiña comezan a adoecer pola “salvación da patria (española)” a man armada, xa é algo que se lle escapa a moita xente.

E agora vén un tipo “enrollado” e “democrata” como Piqué, que ten a particularidade de ter sido implicado en máis dun caso de corrupción, e nos di a nos e ao Parlamento Europeo que a dictadura de Franco non foi un réxime fascista, senón unha dictadura autoritaria de dereitas.

Engañara a alguén?.

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Fascistas

Xentiña

Haichos que non saben que facer que non sexa amolar. Uns que según informan aquí

non queren que un pallaso actúe, porque non lles gusta a súa mensaxe.

Pois miren, meus, por esa regla de tres absurda, eu solicito que se pechen todos os templos católicos, pois as mensaxes que difunden os seus ministros me parecen alienantes, necias, fomentadoras da ignorancia, do machismo e decididamente anti-humanas, cando non criminais como as súas delirantes tesis sobre o uso do preservativo ou o control da natalidade.

Xa ven, e agardemos a que ningún energúmeno utilice a violencia contra un pallaso, como sucedeu en Madrid, porque, seguindo a súa lóxica de frenopático, igual a alguén lle dá por combatir as súas “ideas” queimando igrexas.
O papa Pío XII e Hitler: A cruz (gamada)

O papa Pío XII e Hitler: A cruz…..Ghamada.

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Xentiña

Onde están?

os defensores de libertade, as nacións unidas, os líderes da democracia, o discurso merdán na boca de algúns da defensa dos dereitos humanos.

Un  país que reiteradamente viola as resolucións da ONU e a legalidade internacional ten secuestrado a outro país sen auga nin electricidade, asesinando a poboación civil, crianzas incluidas, sen que os garantes da paz mundial movan un dedo, alén das súas conmiserativas e miserabeis negociacións.

Onde estades “buen rollito” e tío Tom?

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Onde están?

Chegando

Para ver post máis vellos aquí

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Chegando