Noite de claridade (“hoxe todo é luz”)

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Maio 05, 2011

1988, Performance The lovers: Marina Abramovic e Ulay póñense cada un(ha) nun extremo da Gran Muralla Chinesa. Percorren 2000 quilómetros. Pasan 90 días. Atópanse no medio. Abrázanse para despedirse para sempre.
“Que saibamos despedirnos. Que sexa tan fermoso como nunca”. Hai un ano colguei inconscientemente este poema de María do Cebreiro. Foi un acto reflexo. E agora atópolle todo o sentido do mundo. É o máis difícil de facer. Despedirse ben. Daquela foi tan doado e tan de verdade… Agora doume de conta de cantas veces na vida hai que re-aprender a despedirse. Incluso dunha mesma.

Post tags:

A noite en que recuperei o sono

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Abril 11, 2010

foi bonito e durou
o xusto, até escoitar
que sempre
haberá alguén
para nos aprender
o sentido do tempo.
Todas as relacións
son a distancia,
pero eu non son
de aquí,
non teño
descendencia,
non quero máis orixe
que esta ponte
até que nos sosteña
e cando caia
teñamos a nobreza
de marchar
sobre os restos,
saibamos despedirnos,
que sexa tan fermoso
como nunca.

María do Cebreiro, Non son de aquí.

Post tags:

Noite de dor

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Abril 03, 2010

Post tags:

Noites sen durmir

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Xaneiro 12, 2010

Ha ser a mala conciencia…

Con el pucho de la vida apretado entre los labios,
la mirada turbia y fría, un poco lerdo el andar,
dobló la esquina del barrio y, curda ya de recuerdos,
como volcando un veneno esto se le oyó acusar.
Vieja calle de mi barrio donde he dado el primer paso,
vuelvo a vos, gastado el mazo en inútil barajar,
con una llaga en el pecho, con mi sueño hecho pedazos,
que se rompió en un abrazo que me diera la verdad.
Aprendí todo lo malo, aprendí todo lo bueno,
sé del beso que se compra, sé del beso que se da;
del amigo que es amigo, siempre y cuando le convenga,
y sé que con mucha plata uno vale mucho más.
Aprendí que en esta vida hay que llorar si otros lloran
y, si la murga se ríe, hay que saberse reír;
no pensar ni equivocado… ¡Para qué, si igual se vive!
¡Y además corrés el riesgo de que te bauticen gil!
La vez que quise ser bueno en la cara se me rieron;
cuando grité una injusticia, la fuerza me hizo callar;
la experiencia fue mi amante; el desengaño, mi amigo…
toda carta tiene contra y toda contra se da!
Hoy no creo ni en mí mismo. .. Todo es grupo, todo es falso,
y aquel, el que está más alto, es igual a los demás…
por eso, no has de extrañarte, si alguna noche, borracho,
me vieras pasar del brazo con quien no debo pasar

Post tags:

Noite da lúa neghra en branco

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Decembro 17, 2009

ou cancións para saír do Ruta…

But I’m a creep
I’m a weirdo
What the hell am I doin’ here?
I don’t belong here, ohhhh, ohhhh

She’s running out again
She’s running out
She run run run run…
run… run…

(e tamén)

Estreliña do luceiro
amai-la da claridá,
vaise o día, vaise a noite,
vaise a nosa mocidá

Post tags:

Penúltimo día nunha redacción

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Setembro 14, 2009

Non podía ser menos: vén o equinoccio, e con el, cambios. E dos gordos. Hai cinco anos entrei por primeira vez na redacción dun xornal, na Rúa Príncipe de Vigo. Pasei por outras varias, dúas no Pombal (baixo e soto, respectivamente), a preciosidade do Preguntoiro e esta última. E mañá colgo os hábitos de xornalista e cambio de gremio.

Arriba o pano. A función vai comezar.

Post tags:

Días de rabia (e despedida)

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Xuño 04, 2009

Represión sobre os traballadores do metal, censura informativa, arrincar linguas, que queiran ghobernar no meu útero… Moitas razóns para estar en pé de guerra. Declaro este chiringo pechado por reformas… Hai máis que facer.

Post tags:

Días de bossa nova

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Maio 05, 2009

O que fai o subconsciente. Nos últimos días eu notaba que non podía parar de cantar “Irene”, de Caetano Veloso (graciñas pola corrección, Bouzafría).

Eu quero ir, minha gente,
eu não sou daqui.
Eu não tenho nada, nada,
quero ver Irene rir.
Quero ver Irene dar sua risada.
Irene ri, Irene ri, Irene.
Quero ver irene dar sua risada

E o luns a eue pasáballe o mesmo. Logo démonos de conta: tiña que ver co libro que eu tiña sobre a mesiña de noite, e que logo lle emprestei (o mellor que lin en moito tempo, amais). Isto é coma cando, sen sabermos por que, cada vez que un dos dous poñía unha lavadora empezaba a entoar “Allons enfants de la Patrie, Le jour de gloire est arrivé!” Un día reparamos no que poñía na botella de deterxente: Marseille. Seguro que tiña que ver. É curioso como hai teclas visuais que nos activan melodías na cabeza :)

Post tags:

Resaca do Día do Copyright

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Abril 24, 2009

Día do Libro, seica, un inferno para quen se dedique ao xornalismo cultural (aínda que o peor este ano está por vir, cando chegue maio, mes das flores e de Ulm Roam). Eu tiven un agasallo precioso nese día do Libro e dos Dereitos de Autor (isto nunca colle nos titulares): a David González vino recitar o ano pasado na Capela do Torrente, na Semana da Poesía Salvaxe de Ferrol, e traspasoume. Na nosa recente viaxe ao sur, eue levaba El demonio te comía las orejas no coche, e non puiden soltalo ata que o rematei. Agora comparto o meu agasallo (chegado da rede, libre e de balde) con quen queira, e convido a todo o mundo a celebrar o Día do Copyright agasallando libros piratas, compartidos ou, en calquera caso, libres:

Sparrings, David González

Post tags:

Día ghallegho…

Posted in: Sen clasificar by luaneghra on Abril 17, 2009


Os días que chove e vai sol
anda o demo por Ferrol

Post tags:
Newer Posts »