Últimas Novas

#Barriosconluzpropia #Queremosfestas

#Barriosconluzpropia #Queremosfestas

#Barriosconluzpropia #Queremosfestas

COMUNICADO DA COMISIÓN DE FESTAS E DA ASOCIACIÓN VECIÑAL A XUNTANZA SOBRE A DECISIÓN DO CONCELLO DE SANTIAGO DE NON COLABORAR CO SUBMINISTRO ELÉCTRICO

 

Hai agora 12 anos, case todos os colectivos do barrio uníronse nun obxectivo común: crear para San Pedro unhas festas para todos e todas, para coñecernos, para gozar xuntos e para fortalecernos como barrio. Querían que os vellos Estados Unidos estiveran xuntos e xuntos construíran o futuro.

Co tempo as festas medraron, coma nós, e naceu a Feira da Primavera. Cada ano,o esforzo xeneroso e a ilusión da veciñanza fixo posible que o sono se cumprira e que por uns días San Pedro fose, máis que nunca, o mellor sitio do mundo no que vivir ou traballar. Contra a choiva e as dificultades seguimos adiante, todos e todas, porque compartimos o soño dun barrio vivo e con futuro. E así cada día, cada ano.

Isto é posible grazas ao traballo das persoas voluntarias, de quen achega a súa doazón, de quen coloca os carteis no seu negocio, de quen consume nas cantinas ou de quen sae neses días á rúa con ganas de compartir coa veciñanza e amizades. Cada quen, na medida do que pode, colabora e así ten que ser: porque o barrio o facemos todos e todas.

A achega do Concello é basicamente a dos servizos, electricidade máis limpeza e contamos tamén coa amabilidade e dispoñibilidade de moitos funcionarios e funcionarias. Como barrio, pensamos e facemos as nosas festas a costa do noso esforzo e o noso peto, ademais, non o quereríamos doutro xeito.

Agora o Concello decidiu non subministrarnos enerxía eléctrica: seica hai un impedimento legal. Que supón esta decisión? Que non haberá onde conectar equipos de son, focos para alumear a Praza 8 de marzo pola noite ou as neveiras das nosas cantinas. (máis…)

COMUNICADO DA ASOCIACIÓN CULTURAL DO BARRIO DE SAN PEDRO SOBRE O DERRUBO DA CASA DA XUVENTUDE

O día 26 de xaneiro tivo lugar a primeira reunión da Comisión de Festas do Barrio de San Pedro e, entre os moitos asuntos falados, tivemos oportunidade de confrontar pareceres sobre un tema candente no barrio: o derrubo da Casa da Xuventude.

 

Comezamos repasando o posicionamento de todas as partes: a conveniencia de abrir o parque á cidade que ve o Concello, os “peros” relativos á filosofía e necesidade do proxecto que ve a A.V. A Xuntanza e a chamada a repensar un edificio con posibilidades que propón a plataforma “Defender o Público”. A partir de aquí, plantexáronse argumentos de todo tipo:

 

  • É un edificio feo pero tamén pouco coidado.
  • Igual doutra cor, e sen esas reixas..
  • Peonalizar San Pedro e tirar a Casa da Xuventude é como un mantra de toda a vida aínda que os argumentos que agora se propoñen son razoables e hai que repensalo     todo.
  • Tantos cartos alí metidos cando hai tanta necesidade…
  • Hai outras cousas na cidade nas que meter os cartos.
  • Non podemos permitir a desaparición dunha infraestrutura que tan ben viría ao tecido cultural da cidade (auditorio, sala de exposición, biblioteca…). Estamos     fartas de andar buscando locais para reunións, ensaios, etc.
  • O parque aberto está pois nós ben que entramos e saímos, mesmo facemos alí a festa. Incluso se pode entrar en coche, igual o que pasa é que non é doado atopalo. O que necesita é sinalización, luces, arranxo das entradas… e uns Wcs, por favor.
  • Como é que non sabíamos que o Parque de Belvís e a Pza do Matadoiro son espazos de moito interese histórico e alto valor patrimonial? A cidade histórica é algo máis que a catedral, aínda que polo que se ve os barrios son outra cousa.
  • É inadmisible que o Concello teña dous raseiros á hora de intervir na zona do Plan Especial, un para nós e outro para eles.
  • Pero esa zona non é dúas veces Patrimonio da Humanidade tamén? Hai garantías de protección patrimonial? Isto vai ser como o da igrexa da Pastoriza?
  • Non hai planificado xa un acceso ao Parque pola finca colindante, na outra beira do regato?
  • Para qué? Que queren? Outra vez o teleférico? Abrir unha rúa? Que proxecto hai? O seguinte vai ser retirar os columpios? Aiii! Que medo!
  • Como é que van tirar e abrir unha megafochanca sen saber que van facer?

 

En fin, que foi un debate intenso que tivo unha conclusión clara que é a que queremos compartir hoxe:

  • non queremos que se derrube a Casa da Xuventude,
  • non queremos intervencións, nin na cidade nin no barrio, que se fagan sen pensar nas consecuencias.
  • non queremos ter que lamentarnos por actuacións que danen irremediablemente o patrimonio que herdamos
  • e, sobre todo, non queremos megaproxectos que en nada responden ás necesidades reais do barrio e da cidade. Cando hai xente que perde a súa casa ou malamente ten para comer, estes proxectos son -cando menos- inmorais.

 

O que di o concello:

http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?id_nova=11191&lg=gal

O que di a Xuntanza: http://www.axuntanza.org/?p=1082

O que di a Plataforma Defender o público: https://www.facebook.com/pages/Defender-o-publico-a-Casa-da-Xuventude-%C3%A9-nosa/317003411837724