novidades

coleccións

autores quen somos catálogo

Lamentacións dun prepucio

Tradución do inglés de Rafael Salgueiro

Lamentacións dun prepucio revela episodios da infancia e adolescencia do autor nunha comunidade xudía ortodoxa estricta e rememora a súa rebelión e esforzos por emanciparse, a través da pornografía, a comida non kosher, a marihuana, o furto e a masturbación compulsiva, ata acadar unha vida practicamente laica. Porén, o autor segue crendo de xeito “abafante, incurable e miserable”. Agora que vai ter un fillo, debátese entre cortarlle o prepucio ou esperar algo peor ca a morte.

Comparado en varias ocasións con Woody Allen e Phillip Roth, Shalom Auslander brinda un rico e fascinante retrato dun home pelexando coa fe e a familia cunha mestura de humor e ira.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

            

Auslander, Shalom

ISBN: 978-84-92866-71-7
Nº Páxinas: 286
Ano: 2015
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas:
PVP: 18,50 €
                              





Política de privacidade