novidades

coleccións

autores quen somos catálogo

Meu amor, eu morro

Tradución do islandés de Elías Portela

Nunha vila islandesa, catro irmáns e o seu pai viúvo velan o corpo inerte de Jóhanna. Coa morte da última das mulleres da familia, os homes parecen destinados a se reuniren con elas no ceo, onde frecuentan a Hemingway e Leonardo da Vinci arredor dun Bacardi para observar os vivos. Baixo a mirada distante do mozo Högni, e a través de diálogos ricos en frases sentenciosas, asisten a un universo carnavalesco no que o mundo dos defuntos semella máis real ca o dos vivos.

Meu amor, eu morro gañou o Premio Cultural DV de Literatura e foi candidata ao Premio Literario do Consello Nórdico en 1999. Ómarsdóttir alterna tons cálidos e fríos para compoñer unha narración poética impregnada dun peculiar sentido do humor.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

            

Ómarsdóttir, Kristín

ISBN: 978-84-92866-67-0
Nº Páxinas: 282
Ano: 2014
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 18,50 €
                              





Política de privacidade