| | | | Memorias do famoso anano Joseph Boruwlaski
Tradución do francés de Rodrigo VizcaínoNestas memorias o autor narra o seu periplo por varias das máis importantes cortes europeas do século XVIII: Polonia, Austria-Hungría, Baviera, Alemaña, Holanda, Francia e Gran Bretaña, onde dá concertos, participa en banquetes e reunións e causa unha gran sensación, nun primeiro momento pola súa condición de anano e, unha vez que era coñecido e tratado, acababa gañando os favores da nobreza pola súa intelixencia, calidades, educación e bo trato.
Porén, como afirma o mesmo Joujou, nestas memorias non só procura narrar as súas estancias nas cortes e pór de manifesto o seu agradecemento por todas as persoas que se interesaron pola súa sorte, senón que tamén intenta describir os seus máis profundos pensamentos e sentimentos, compartir os seus praceres máis doces e os seus peores infortunios e intentar xustificar as súas accións coma un simple home que escapa á condición de anano.
Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí. |
|
|
Boruwlaski, Joseph
ISBN: 978-84-92866-63-2 Nº Páxinas: 92 Ano: 2014 Encadernación: Rústica Medidas: 135 x 215 mm PVP: 14,00 €
| |
|
|
| |