Cebada
Cebada | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Debuxo da cebada |
|||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
''Hordeum vulgare'' L. |
A cebada ou orxo (Hordeum vulgare) é unha gramínea cerealífera de grande importancia tanto para humanos como para animais, e representa a quinta maior colleita do mundo. Pertence á familia das gramíneas e a área cultivada no mundo chega a 530.000 km². O seu período de xerminación é de 1 a 3 días. As súas flores dispóñense en espigas, na extremidade do colmo, e os froitos, amarelados e ovoides, fornecen unha fariña alimenticia. A xerminación dos grans (malte) da especie (Hordeum distichum) utilízase na fabricación da cervexa, e os grans torrados e moídos son usados na fabricación dunha bebida sen cafeína de aspecto semellante ao café.
Contraindicacións[editar | editar a fonte]
A cebada, así como o trigo, a malte, a avea e o centeo, posúe glute na súa composición, desta forma, non debe ser consumido por portadores da doenza celíaca, xa que a mesma trae como consecuencia ao organismo (caso consumido estes alimentos), unha atrofia nas mucosas do intestino delgado, prexudicando o organismo e a absorción de diversos nutrientes.
Produción[editar | editar a fonte]
10 Maiores produtores — 2007 (millóns de toneladas métricas) |
|
---|---|
Rusia | 15.7 |
Canadá | 11.8 |
España | 11.7 |
Alemaña | 11.0 |
Francia | 9.5 |
Turquía | 7.4 |
Ucraína | 6.0 |
Australia | 5.9 |
Reino Unido | 5.1 |
Estados Unidos | 4.6 |
Total Mundial | 136 |
Fonte: FAO[2] |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. «'Hordeum vulgare' (TSN 40874)» (en inglés).
- ↑ FAOSTAT.fao.org