Iraq

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
الجمهورية العراقية
Al-Yumhūriyya al-‘Irāqiyya
República de Iraq
Bandeira de Iraq Escudo de Iraq
Bandeira Escudo
Lema: Allahu akbar
Deus é máis grande
Himno nacional: Mawtini
 
Iraq (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Bagdad
5 672 516 hab. (2005)
Cidade máis poboada Bagdad
Linguas oficiais
Árabe e kurdo[1]
Forma de goberno República parlamentaria Federal
Jalal Talabani
Nuri Al Maliki
Independencia
- do Imperio Otomán
- do Reino Unido

1 de outubro de 1919

3 de outubro de 1932
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 58º
437.072 km²
1,1 %
3.631 km km
58 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 44º
26 783 383
55 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 61º
US$ $89,800 millóns
US$ $2,900
IDH (1999) 0,567
Moeda Dinar iraquí (IQD)
Xentilicio Iraquí[2]
Fuso horario
 • en verán
UTC + 3
UTC + 4
Dominio de Internet .iq
Prefixo telefónico +964
Prefixo radiofónico HNA-HNZ / YIA-YIZ
Código ISO 368 / IRQ / IQ
Membro de: ONU, OPEP
Tódolos países do mundo

Iraq[2] (en árabe العراق), e oficialmente República de Iraq (en árabe:Jumhoriatiraq.ogg [جمهورية العراق] , é un país de Asia Occidental que abrangue a chaira aluvial de Mesopotamia, o límite noroccidental dos Montes Zagros, e a parte leste do deserto sirio.[3]

Iraq limita con Turquía polo norte, con Irán polo leste, Kuwait polo sueste, Arabia Saudita polo sur, Xordania polo suroeste e Siria polo oeste. Ademais o país ten un franxa costeira de 58 km de lonxitude no noroeste do Golfo Pérsico. A súa capital, Bagdad está localizada na zona do centro leste. Os dous grandes ríos do país, o Tigris e o Éufrates, discorren polo centro do país dende o noroeste cara o sueste. Estes ríos, proporcionan a Iraq de terras aptas para a agricultura, en contraste das terras áridas que cobren a meirande parte de Asia Occidental.

Iraq era coñecido antigamente polo topónimo grego Mesopotamia (Terra entre dous ríos) e foi o lugar de sucesivas civilizacións dende o milenio 6 antes de Cristo. A rexión entre os ríos Tigris e Éufrates é considerada como o berce da civilización e o lugar onde apareceu a escrita. En diferentes períodos da súa historia, Iraq foi o centro dos imperios indíxenas acadio, sumerio, asirio, e babilónico. Formou parte dos imperios medo, aqueménida, helenístico, parto, sasánida, romano, rashidun, umayyad, abbásida, mongol, safávida, afsárida e otomán. Por outra banda, estivo baixo dominio británico como Mandato da Sociedade de Nacións.[4] Iraq é o fogar de dous dos lugares máis sagrados do mundo para o xiísmo: Najaf e Karbala.[5]

Os seus límites modernos foron establecidos en 1920 pola Sociedade de Nacións cando o Imperio Otomán foi divido segundo o Tratado de Sèvres. Iraq foi posta baixo a autoridade do Reino Unido como "Mandato británico de Mesopotamia". A monarquía foi establecida en 1921 e o Reino de Iraq obtivo a independencia en 1932. En 1958, a monarquía foi abolida e creouse a República de Iraq. Iraq foi controlado polo Partido Ba'ath dende 1968 ata o 2003. Despois da invasión de 2003 liderada polos Estados Unidos de América e forzas multinacionais, o partido Ba'ath foi eliminado do poder e celebráronse eleccións parlamentarias. A presenza americana en Iraq rematou no 2011.[6]

Historia[editar | editar a fonte]

O territorio onde se atopa actualmente Iraq coincide aproximadamente coa antiga Mesopotamia. No -539, Ciro II o Grande, rei de Persia conseguiu o control da rexión que permaneceu baixo o mandato persa ata a súa conquista por Alexandre Magno no ano -331. Trala morte de Alexandro, a dinastía Seléucida de orixe grega reinou en Mesopotamia durante 200 anos.

Seguiu un longo período baixo as novas dinastías persas (Arsácidas e Sasánidas) ata que os árabes musulmáns invadiron a rexión no ano 700. Bagdad foi a capital dos califas Abasís. Despois do saqueo de Bagdad polos mongois en 1258, turcos e iranianos disputáronse a supremacía na rexión, ata que finalmente o Imperio Otomán tomou o control no século XVII.

En outubro de 2002 un referendo ratificou a permanencia do ditador Saddam Hussein á fronte do estado durante 7 anos máis. Durante ese ano o presidente estadounidense George W. Bush insistía en que Iraq posuía armas de destrución masiva, e que debía destruílas tal e como estaba acordado nas diversas resolucións da ONU acordadas despois da Guerra do Golfo de 1991. Iraq aceptou cumprir unha nova resolución da ONU que acordaba o envío de inspectores da ONU a Iraq para verificar o armamento que tiña. A comezos de 2003 os EUA tornaron a acusar ó réxime de Saddam de estar incumprindo a nova resolución e de estar ocultando armas químicas e biolóxicas ós inspectores, co que comezaron a chamada Guerra de Iraq.

Estados Unidos foi acumulando forzas militares nos arredores de Iraq, e o 19 de marzo de 2003 apoiado por diversos países comezou outra guerra do golfo que durou até o 2011.

Hoxe en día, o país vive nunha inseguridade permanente por mor dos ataques dos insurxentes. As vítimas militares estadounidenses superan as 2.000 e as vítimas civís iraquís poden superar o 30 mil.

Tralas eleccións lexislativas de 2005, Jalal Talabani (kurdo) é elixido Presidente, estará acompañado por dous vicepresidentes, un xiíta e outro sunnita.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Provincias de Iraq[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie de 437.073 km², aproximadamente o tamaño de California. A capital é Bagdad, de 3,8 millóns de habitantes (1986). Outras cidades importantes son Basora, Mosul, Kirkuk, As-Sulaymānīya ou Arbil.

Iraq está dividido en 19 provincias (muhafazat, singular: muhafazah):

Flag of Iraq.svg Rexións de Iraq
Iraq, administrative divisions - Nmbrs - colored.svg

Mapas e imaxes[editar | editar a fonte]

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Iraq.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Artigo 4.1 da Constitución de Iraq
  2. 2,0 2,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para iraquí.
  3. «Declaration of Principles for a Long-Term Relationship of Cooperation and Friendship Between the Republic of Iraq and the United States of America». 26 de novembro de 2007. 
  4. Livescience.com (ed.). «Top 10 Battles for the Control of Iraq». Consultado o 23 de marzo de 2009. 
  5. On Point: The United States Army In Operation Iraqi Freedom - Page 265, Gregory Fontenot - 2004
  6. Basu, Moni (18 de decembro de 2011). «Deadly Iraq war ends with exit of last U.S. troops». CNN.com. Consultado o 18 de demcebro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Iraq Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]