The Anarchist Encyclopedia: |
Antonio Casanova(1898-1966) Anarchist militant.
Born June 7, 1989, Betanzos, Coruña; died July 8, 1966 in Bueno Aires.Antonio Casanova, originally from Galicia in Northern Spain, emigrated to Argentina at an early age & was one of the founders of the Federación Anarco-Comunista Arxentina (FACA).
He fought in Spain during the Spanish Revolution, with the 28 Division commanded by Gregorio Jover. Here he met Simón Radowitzky, with whom he became good friends.
- October 11, 1935 Argentina: Founding of Federación Anarco-Comunista Arxentina. (F.A.C.A.). Foi así como entre o 11 e o 14 de outubro de 1935 realízase na Plata o Congreso Constituinte, onde se funda a FACA, contando con Antonio Casanova como un dos seus fundadores.
- December 13, 1932 Argentina: 2nd, Anarchist Congress of Rosario. No II Congreso Anarquista Rexional celebrado en Rosario. Participants include Antonio Casanova among as many as 50 delegates.
Related, see Ricardo Accurso, El Anarquismo en la ciudad de Rosario (Argentina).
Antonio Casanova naceu en Betanzos, provincia da Coruña, o 7 de xuño de 1898. Ao chegar a Bos Aires comeza a traballar de panadeiro na zona de Avellaneda. Esta barriada obreira da zona sur do Gran Bos Aires era o lugar de estadía dos galegos que acababan de chegar. Avellaneda era unha zona industrial e o aluguer das vivendas estilo "conventillo" eran accesibles para os recén chegados. Tantos eran os paisanos que vivían naqueles barrios, que ata fundaron un equipo de fútbol, o `Club Atlético Independiente´. Posteriormente fundaran outro equipo, o Lanús, que leva a camiseta coas cores do Pontevedra.
Antonio non ben comeza a traballar e xa se afilia ao Sindicato de Panadeiros, que estaba maioritariamente composto por galegos anarquistas. O sentido de humor dos nosos paisanos deste gremio puxérono de manifesto nos pasteis típicos (facturas) que foron creando. A medida que ian impoñendo os seus pasteis, e íanos bautizando con nomes que levaban un dobre sentido, por exemplo: "Bolas de Fraile" ou "Suspiro de Monja", "Sacramentos", "Vigilantes", etc. O sindicato de Panadeiros foi un dos primeiros gremios organizados e xogaron un papel moi importante na unificación do movemento obreiro arxentino. Un dos máis destacados dirixentes panadeiros foi o galego Adrián Troitiño, quen en representación do Sindicato cofundou a Federación Obreira Arxentina en 1901.
Coa incorporación de Antonio ao gremio comeza a súa militancia anarquista. En Avellaneda lidera un grupo libertario chamado "Ateneo Libre". O 13 de decembro de 1932 participa no II Congreso Anarquista Rexional celebrado en Rosario.
Despois de algúns retrocesos importantes no movemento obreiro os anarquistas intentan reorganizarse políticamente nunha nova organización que nuclee ás distintas sensibilidades libertarias. Foi así como entre o 11 e o 14 de outubro de 1935 realízase na Plata o Congreso Constituinte, onde se funda a Federación Anarco-Comunista Arxentina (FACA), contando con Antonio Casanova como un dos seus fundadores.
Co estourido da guerra civil, Antonio non se fixo agardar e rapidamente pediu permiso á súa organización para que o enviaran a combater pola República. Galiza, a súa terra de nacemento estaba baixo as fauces do franquismo, polo que opta por se transladar a Barcelona onde estaba a dirección da CNT.
Casanova transladouse a Cataluña, baixo a identidade doutro galego anarquista e panadeiro, Manuel Freire. Ao chegar instálase no local da CNT no segundo andar da Rúa Muntaner 514. A esta dirección soamente ia cando tiña algunha licencia do frente. Casanova combatía na 28ª División que comandaba Gregorio Jover, o último do mítico terceto encabezado por Ascano e Buenaventura Durruti.
Cando Casanova deixaba por alguns días a frente, gustaba de falar e de tomar mate cos seus compañeiros de vivenda. Alí estaban Prince, Maguid, o galego José María Montero e Simón.
Simón non era outro que Simón Radowitzky, aquel lexendario anarquista que vengara aos traballadores asasinados polo Coronel Falcón, xefe da Policía arxentina. Isto aconteceu o primeiro de maio de 1909. O coronel ordenou disparar contra a multitude indefensa. O mozo Simón en novembro dese mesmo ano cunha bomba faría voar polos aires ao sanguento Coronel Falcón. O mozo anarquista xa participara do intento revolucionario de 1905 en Rusia, cando unha bala dos cosacos zaristas lle atravesara un pulmón. O polaco Radowizky pasouse vinte anos no penal de Ushuaia ata que o indultou Yrigoyen en 1930 coa condición de que se fose do país. Despois dunha tempada no Uruguai transladouse a España e durante a guerra civil instalouse en Barcelona.
Naquela casa de Carrer Muntaner tamén vivía o mítico heroe anarquista. Con Casanova rapidamente estableceu unha estreita amizade. A ambos os dous gustáballes o mate e encantáballes escoitar os tangos de Gardel.
A dirección das FAI resolveu que ao "polaco" Simón non había que mandalo ao fronte de batalla. Había un acordo "secreto" para coidar a Radowitzky, unha das figuras máis coñecidas e mimadas do anarquismo internacional. Se ao polaco lle pasaba algo no frente, seria una vergoña para o anarquismo espanol. Casanova que descoñecía esta situación e diante a insistencia de Simón de combater propúxolle a Gregorio Jover que o sumara á 28ª división. Jover enfadado de verdade -segundo conta Laureano Riera-, propinoulle a Casanova una dura reprimenda. Entre outras cosas, díxolle que non era un rapazolo, era o comandante en xefe da División e non toleraría que as súas ordes fosen ignoradas; xa lle dixera que non o quería alí a Simón. Este fixo "pucheros" e preguntou se cría que non servía para manexar un fusil.
Aos poucos días Jover cambiou de opinión e encomendoulle unha tarefa pouco arriscada, ser o seu home de confianza, que fixese de enlace entre o comando divisional e o mando das tres brigadas. Casanova con este acordo puido saír da "metedura de pata" e deixar contento ao seu amigo Radowitzky que se desvivía por combater no frente.
Carlos Penelas no seu libro Os galegos anarquistas na Arxentina, di de Casanova:
"Tivo o duro exilio en Francia, a súa captura polos nazis, o campo de concentración, a angustia, a supervivencia. Ó fuxir incorporouse na resistencia e participou na liberación de París. Colaborou na CNT e foi director de Solidaridad Obrera. Ö regresar á Arxentina -estrañaba moitisimo a seu fillo Aldo-, traballou no seu oficio de panadeiro e noutros oficios...".
Co nome de Manuel Freire combateu na resistencia e dirixiu posteriormente o xornal "Solidaridad Obrera". Durante o seu paso por Francia axudou a reconstruír as forzas anarquistas da CNT. Coa invasión alemana sufriu todo tipo de persecucións. Os que o coñeceron naqueles anos de loita antifascista lémbrano como un apaixonado loitador pola liberdadr dos pobos. Coa derrota alemana como tantos outros loitadores pensou que Franco tiña os días contados. Esperou algúns meses disposto a cruzar a fronteira, mais os aliados repartíronse o mundo deixando a España co mesmo réxime. Esta decisión política, foi un motivo grande de desilusión e decidiu regresar á Arxentina, onde o agardaban novas pelexas.
Na Arxentina incorporouse ao traballo de panadeiro, colaborou nos distintos xornais e revistas anarquistas, realizou traduccións do francés, impartiu conferencias, etc. Durante a súa longa traxectoria militante mantivo en todo momento a súa ideoloxía libertaria. A guerra civil marcouno para sempre, non había día do ano que non lembrase con emoción os sucesos que lle tocou vivir. Os enfrontamentos durante a guerra cos comunistas, distanciárano -tanto a el como a todo el grupo de arxentinos e galegos que foron como voluntarios- desta formación que segundo os anarquistas era de carácter totalitaria. Os anarquistas desa época farán una lectura anticomunista dos acontecementos, algúns dos cales rematarían en posicións reformistas e ata reaccionarias. Esta viraxe ideolóxica pode ser unha das claves da perda de peso político despois da segunda guerra mundial.
Antonio Casanova faleceu en Bos Aires o 8 de xullo de 1966, aos 68 anos.
Biografía: Lois Pérez Leira (this article is no longer on the Internet as of 2005)
There are few references to Casanova online; this fragment is one:
Los primeros cursos de Dibujo y Pintura se iniciaron en colegios particulares de enseñanza Superior, entre los precursores:
Colegio de Enseñanza Superior: La Cátedra de Dibujo y Pintura la dictaba Antonio Casanova.
http://www.imagenart.net/historia_arte_rosario/index_nuevo.htmAlso: CASANOVA, Antonio Posición revolucionaria / Antonio Casanova ; prol. Ildefonso. Bordeaux : Tierra y libertad, 1945. 28 p. ; 20 cm (cited at CIRA
Background, see "The Argentinian Anarchist Movement,"
http://www.iaf-ifa.org/Documents/english/argentinafed_en.htm
In Spanish, "El movimiento anarquista argentino..."
http://www.iaf-ifa.org/Documents/spanish/Argentinafed_es.htm
"Anarchism and the Argentine Labor Movement: Two New Studies",
http://www.newformulation.org/3lopez.htm
See also materials at Anarchy Now!, http://recollectionbooks.com/anow/world/la/argentina/, & also Biblioteca Popular José Ingenieros,
http://www.nodo50.org/bpji/arch.htm
page created Nov 1999; text & links updated December 2005Use your back button to return to your previous page
The Anarchist Encyclopedia | Daily Bleed Calendar | The Stan Iverson Archives | The Anarchist Timeline
anti-CopyRite 1997-3000, more or less
Questions, suggestions, additions, corrections to David Brown at recall@recollectionbooks.com
The Anarchist Encyclopedia is freely sponsored & produced by Recollection Used Books