CGT de Galicia

Inicio Convocatorias Sindical Social Internacional Formación Orgánica Opinión
A Coruña Ferrol Lugo Ourense Pontevedra Santiago Vigo Vilagarcía Directorio

Sindical, Vigo

Exito da mobilización de CGT en Vigo

30.09.10

Despois de toda unha noite de piquetes centrados fundamentalmente nas empresas do telemarqueting e en Citröen, a manifestación convocada por CGT en Vigo ás 12 da mañá resultou un éxito absoluto e se convirte na mobilización máis grande convocada pola Federación Local. Aínda que a prensa, “El Mundo”  nos outorga 3.000 participantes, cifras máis cercanas a realidade poden ser sobre 2.000. Hai que lembrar que esta manifestación foi convocada exclusivamente pola Federación Local de Vigo.

A mobilización foi un tanto accidentada, xa que non poido rematar onde tiña previsto (a praza da Estrela) debido a que a Subdelegación do Goberno autorizou a última hora e sen informarnos a modificación do remate da manifestación de CC.OO e UGT en principio prevista para a Porta do Sol e que finalmente rematou na praza da Estrela. Ao remate da manifestación, que finalmente foi na Porta do Sol, o secretario xeral do Sindicato de Oficios Varios de Vigo, dirixiuse aos manifestantes para lembrar que a folga xeral non é o final das mobilizacións e que CGT comezará a partir do dia 30 de setembro a planificar novas accións.

Rematada a manifestación un nutrido grupo de compañeiros/as constituise en piquete para impedir a entrada dos quebrafolgas nas quendas de tarde.

Sindical

Pontevedra, 29 de setembro

29.09.10

O éxito da folga xeral en Pontevedra, Marín e toda a bisbarra, colmou con creces ás previsións e esperanzas da CGT, agás o reducido seguimento entre os funcionarios das delegacións territoriais da Xunta, do ensino e da administración central. Descontados os servizos mínimos, o paro foi practicamente total, próximo ó 90%, nos sectores industriais e de servizos (porto e actividades portuarias, transportes, talleres, construción, metal, celulosas, banca, etc), xeneralizado nos distribuidores e comercios máis grandes e supermercados (Zara, Froid, Carrefour, etc) e moi amplo incluso no pequeno e mediano comercio e hostalería. Ler máis… »

Sindical

Xornada de Folga Xeral do 29-S na Coruña (II)

29.09.10

Sobre as 14 horas finalizou a manifestación convocada pola CGT da Coruña e que, partindo da Praza de Portugal, recorreu as principais rúas do centro da cidade. Cerca de 500 manifestantes integraron esta combativa manifestación. Durante o percorrido da mesma corearonse numerosas consignas contra a reforma laboral, os despedimentos e expedientes de regulación de emprego, contra os gobernos e a patronal, e a favor da folga xeral.

Video da chegada á praza de Ourense da Manifestación da CGT  na Coruña  o 29-S

Ao chegar fronte á Delegación do Goberno, un portavoz da Federación Local Obreira deu lectura a un comunicado animando á clase traballadora a continuar dando resposta contundente ás agresións do capital e o goberno contra os nosos dereitos e condicións laborais.

Sindical

Xornada de Folga Xeral do 29-S na Coruña

29.09.10

Crónica do seguimento da xornada de Folga Xeral do 29 de setembro na cidade e comarca da Coruña:

29 de Setembro. 00:00
Dende as 21 horas, varios piquetes de militantes da CGT percorren as rúas e os polígonos industriais.
No polígono de Sabón, fronte á empresa Inditex-Zara, un grupo numeroso de traballadores en folga consiguen paralizar os cambios de quenda de traballo na factoria e a entrada de camións, cun seguimento prácticamente total do paro.
Na quenda de noite de Correos, o paro xeral é secundado por un grande número de traballadores, os máis novos e precarizados, con cifras sempre superiores ao 50%
Fronte á entrada da empresa Atento, do sector do telemarketing, se concentra un piquete de CGT, informando aos escasos traballadores que tentan entrar na empresa para a quenda de noite.
Non hai incidentes.
Ler máis… »

Convocatorias, Sindical, Vigo

Manifestación 29 de Setembro ás 12:00 dende Fernando “El Católico”

28.09.10

A FL de Vigo convoca manifestación ás 12:oo dende a Praza de Fernando “El Católico” ata a Praza da Estrela co lema “Contra os recortes e a explotación: mobilización”.

Pontevedra, Sindical

Manifestación 29 setembro en Pontevedra

27.09.10

O día 29 de setembro, as 13:00 horas, a CGT de Pontevedra iniciará a súa manifestación o día da Folga Xeral.
Sairá da Praza da Ferrería para, percorrendo o centro de Pontevedra, rematar na Praza de Curros Enríquez.
¡O 29 de setembro, todos á rúa!
¡Contra o paro, contra a Reforma Laboral!

A Coruña, Convocatorias, Sindical

Manifestación o día 29 na Coruña

22.09.10

O día 29, día da Folga Xeral, a CGT da Coruña fará unha manifestación que sairá, ás 12:30 horas, da Praza de Portugal. Percorrerá o centro da cidade, atravesando as Prazas de Pontevedra, Lugo e Ourense, para rematar na Delegación do Goberno. O lema da pancarta é Basta de recortes, de explotación e de mentiras.

A Coruña, Ferrol, Sindical

Actos sobre la Huelga General en Ferrol y Coruña

20.09.10

Continuando la difusión del llamamiento a la Huelga General, mañana martes, a las siete de la tarde, se realizará un acto propagandístico consistente en la distribución de información en el centro de Ferrol relativa a la movilización

Estos actos continuarán en A Coruña, en la zona de la Plaza de Pontevedra, el próximo miércoles, día 21, a las 19 horas y el jueves, a las 12 del mediodía, en el barrio de A Gaiteira.

Estos días se realizaron distribuciones de folletos informativos en los polígonos de A Grela y Sabón.

A Coruña, Sindical

A CGT da Coruña continúa a súa campaña a prol da Folga Xeral

13.09.10

Dentro da campaña de propaganda que está a levar a cabo nos últimos meses a CGT da Coruña por diferentes barrios da cidade, a vindeira semana se realizarán repartos de propaganda en As Conchiñas (mércores, 15 de setembro, ás 19 horas) e en San Agustín (xoves, 16 de setembro, ás 12 horas)

Sindical, Vigo

Unísono: 34 traballadores de telemarketing despedidos:

13.09.10
 
No día de hoxe a empresa de telemarketing Unísono comunicou ó Comite a rescisión do contrato de 34 traballadores en Vigo polo artigo 17 do Convenio Colectivo: por disminución del volumen de chamadas para a empresa contratada ( Help Desk Vodafone e Iberdrola).

Ler máis… »

« Entradas anteriores


Convocatorias:

  • Non hai eventos.
  • Outubro 2010
    Lun Mar Mér Xov Ven Sab Dom
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    25262728293031
  • Opinión

    Esos desalmados

    11.12.07

    Iba a escribir sobre la mortandad de truchas y escalos que se produjo los días 9 y 10 de Noviembre en el pantano de Fervenza, sobre el río Xallas, en donde la voracidad explotadora del empresario, del concesionario privado de un bien público como es el río, llevó al agotamiento del agua en un momento [...]

    Constitución Española: 29 años de fraude

    05.12.07

    El seis de diciembre se cumplieron 29 años de la aprobación, en referéndum, de la Constitución Española. Se llenarán las bocas de los políticos de palabrería, nos hablarán de la modélica transición española, nos darán la lata con la democracia y las libertades… pero nos hurtarán, como en otras muchas cosas, la memoria.
    Pero algunos nos [...]

    Colaboracións

    O capitalismo é un depredador que morrerá matando

    08.12.08

    …Como matando viviu, ben é certo. Pero os mortos e outros damnificados colaterais (lateral, foxo, sanguenta cuneta) producidos pola súa idolatría a Mammon eran previstos subprodutos no medre do seu organismo omnívoro, na súa carreira cara o crecemento orgánico-económico, ao xeito do Sen-Cara da película de Miyazaki, devorando a moitos no seu imparable medre para [...]

    »Envía a túa colaboración
    Memoria libertaria na Galiza

    Memoria libertaria

    Web da Confederación Xeral do Traballo de Galicia (CGT)

    Correo da páxina: web[arroba]cgtgalicia[punto]org

    Todos os contenidos están baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons  XHTML 1.0 Transitional válido  Feito con GNU/Linux