Crise económica e refundación do capitalismo.


.: 

strike_0.jpg

Cando o presidente francés Sarkozy propuxo en setembro de 2008 refunda-lo capitalismo para reconstruir partindo de cero o sistema financeiro internacional, nin o neoliberal máis optimista nin o conspiranóico máis delirante podían imaxinar o panorama ao que iamos chegar:

- Axudas aos bancos que descapitalizan directa e indirectamente as reservas nacionais: comezaron os EEUU, nos que o bisoño presidente Obama escandalizóse pouco despois polas primas que se repartiron os executivos da banca e a Unión Europea, como non, seguíu inmediatamente o exemplo, triplicando a aposta; así, en outubro de 2008 tíñanse previsto 1,5 billóns de axudas, entre elas 100.000 millóns de euros en avais bancarios por parte do Estado español, onde o conxunto da débeda empresarial e familiar duplica o Producto Interior Bruto. Estas axudas á Banca non se viron acompañadas dunha mellora de condicións para os morosos e mesmo houbo unha redución dos cretos ás pequenas e medianas empresas que contribuíron ao mal estado da economía e ao aumento dos despedimentos. Por outra parte, os bancos aproveitaron esta inxección de fondos para a compra de débeda pública, pola que chupan xuros dos mesmos estados dos que recibiron o diñeiro para esta compra.


Represión económica contra a disidencia


police.jpgNeste mundo moderno, o recorte de dereitos vai parello ao recorte de liberdades. O estado non se contenta con aumentar o número de cárceres e de incrementar de xeito espectacular o número de reclusos en todo o país, senón que aplica a represión económica ás persoas que teñen a valentía de denunciar a extensión indefinida do réxime carcelario e o empeoramento das condicións de subsistencia das persoas presas. O pasado 19 de decembro houbo a tradicional marcha ao cárcere de Teixeiro, na que os coches dos manifestantes padeceron o pinchazo de 22 rodas; como corresponde á súa función, as forzas e corpos de seguridade do estado, “non se decataron” deste delito, mais si que tiveron a cortesía de multar con 500 euros de multa aos participantes nesta mobilización.

O estado acusa aos manifestantes de “desórdenes graves en las vías públicas”, amparándose no feito de que nalgún momentoda marcha a Teixeiro se cortou un dos carrís da “transitadísima” estrada que pasa pola cercanía do cárcere. Ademáis, os participantes na marcha queimaron unha réplica do
cárcere e lanzaron algunhas bengalas. Con eses estúpidos pretextos, a subdelegación do governo multou ás persoas que se manifestaron pacíficamente, de xeito claramente abusivo; a intención evidente foi a de desanimar á xente de participar en mobilizacións deste tipo.


Unión Libertaria participa no roteiro pola conservación da Fraga d’O Pico Vello


ul_logo.jpgsegunda_variacion.pngUnión Libertaria vai participar na marcha que varias entidades e colectivos veñen de convocar para o sábado 15 de maio pola zona de Pico Vello en Goente coa finalidade de chamar a atención sobre os serios problemas que carrexaría a instalación dunha mina de andalucita. O visto e prace para a instalación foi outorgado á empresa Picobello Andalucita polo goberno de Feijoó nunha nova manobra na que se poñen por diante intereses económicos e empresariais fronte aos estudos de conservación e impacto ambiental.

A retórica do capitalismo salvaxe e depredador pretende impoñerse unha vez máis fronte a quen defenden a conservación da natureza e a posibilidade doutro modelo político e económico que supere, dunha vez por todas, o modelo autodestrutivo do capitalismo globalizado responsable de tantas desfeitas e de tanto sufrimento nas guerras e conflitos que xera a instauración do egoísmo económico e do constante crecemento.

Unión libertaria participa nesta convocatoria para denunciar esta nova agresión na nosa comarca e pola defensa do espazo natural que comprende a zona de Pico Vello, as fragas do Eume e o río Belelle. Pero tamén como unha forma de loita que sirva para concienciar á sociedade sobre a imperiosa necesidade da superación do capitalismo nun momento no que, moribundo e en crise, trata de aferrarse máis que nunca aos seus propios principios destrutivos. Fronte a esta fuxida cara diante do capital, reclamamos a necesidade dunha sociedade nova, descapitalizada e verdadeiramente democrática, na que o pobo tome o control e a responsabilidade do seu destino e na que se aposte pola desindustrialización e o decrecemento para facer posible unha sociedade máis xusta e libre que viva en equilibrio coa natureza. Levamos un mundo novo nos nosos corazóns.


O intervencionismo do exército español: o caso de Afganistán


.: 

afgan.jpg

Charla no Espazo Libertario do investigador Alejandro Pozo, do "Centre d'estudis per la pau J.M. Delás".

Máis aló da retirada das forzas españolas de Iraq, o exército que pagamos cos nosos impostos segue a desempeñar un papel activo nos diversos "conflitos" que "as potencias occidentais" están a manter para o sostemento das actuais hexemonías e privilexios neste crepuscular sistema de cousas.

Misións humanitarias levadas a cabo por profesionais da violencia, combate-lo terrorismo bombardeando poboación civil, relevo encuberto aos efectivos estadounidense destinados a outros escenarios, condecoracións concedidas ás baixas provocadas pola "insurxencia" que se opón ás ocupacións... son elementos da maquillaxe dun exército disfrazado de ONG.

Dentro da campaña pola obxección fiscal e contra o gasto militar 2010, Unión Libertaria, coa colaboración do Grupo de Axitación Social, de Vigo, organiza esta charla na que Alejandro Pozo, de justicia i pau desvelará a verdadeira face do aparato bélico do Estado.

Será o sábado 17 ás 20 horas, no Espazo Libertario (avda. de Esteiro, 10 baixo).

Pola paz, ¡desarma os teus impostos!


Abril Libertario


cartelXornadasFinal.jpg

Antirrepresivo

Tamara: situación da compañeira encadeada en BCN a cargo da xente do grupo de apoio na Galiza.

Sergio: o único detido na cimeira europea do 2002 en BCN que continúa encausado, torturado e humillado, agora tamén o queren na cadea ( pidenlle case tres anos).

Insumisión penas multas: as multas enfeblecen a loita e engordan ao estado... e se non pagamos?

Internacional

Grecia:A un ano da revolta do 12 de 2008 o movemento anarquista medra en proporción a represión do estado e da crise.


Xornadas Recuperar A Utopia (Tui)


.: 


A asociación Bicicleta Con Botas organiza para as fins de semana dos meses de Abril e Maio unha série de palestras con temas históricos e de actualidade.

Este é o programa completo das xornadas, coas que pretendemos dinamizar o tecido social tudense e abrir unha, aguardamos, produtiva série de debates en temas que consideramos fundamentais no devir da sociedade actual.

Sábado 24 de Abril
Organización obreira e represión en Tui (1910-1939)
Dionísio Pereira, Bieito Alonso e Carlos Velasco (historiadores)

Sábado 25 de Abril
Proxeción do filme Vivir la utopia
(Juan Gamero)

Sábado 1 de Maio
12:00 Manifestación obreira en Vigo.
Saida desde a rua Lepanto con Urzáiz


Contra o Capital e o seu Progreso


Manifestación de GZNSV en Compostela o 21 de marzo, ás 12 horas

O vindeiro domingo 21 de marzo, os colectivos que conforman a rede Galiza Non Se Vende convocan a manifestación anual en defensa do territorio. Será en Compostela, ás 12 horas, na Alameda.

Dende unha perspectiva libertaria, a defensa do territorio, e a defensa das persoas que o habitan, representa unha loita fundamental e inaprazabre. A destrucción do territorio e os ataques á natureza continúan baixo governos da dereita e da esquerda, polo que compre xuntar as nosas forzas ás da xente que tenta combater en contra deles baixo moi diversos pontos de vista. Pola nosa parte, entendemos que a crítica anticapitalista e antidesenvolvementista son necesarias para enfrontar o conxunto das agresións, e pensamos que a autoxestión das loitas e o asamblearismo son tamén imprescindibles para levar adiante esa loita.


Amadeu Casellas saíu do cárcere


Restan os oito anos cumpridos en preventiva, que ata agora non foran computados como condena firme

O preso Amadeu Casellas saíu este mediodía da prisión, logo de vinte e catro anos encarcerado. Fontes do Departamento de Xustiza explicaron a VilaWeb que se aplicou a doutrina do Tribunal Constitucional, existente desde o 2008, que prevé computar os anos de prisión preventiva como condena firme. Así o pediu de facer a defensa de Casellas cando o preso foi trasladado a Xirona. A conclusión foi que había que restar oito anos á pena total, e polo tanto, que Casellas xa non tiña que permanecer máis na prisión.

Segundo fontes próximas a Amadeu Casellas, o preso xa cumprira 'máis anos dos que lle tocaban'. Tamén explican que facía tempo que a defende de Casellas pedía que se reducisen os anos correspondentes na prisión preventiva, pero que Xustiza 'sempre negara' que o preso estivese cumprindo máis anos da conta.

Tirado de : [Vilaweb]

Publicado en

Palestra sobre o anarquismo en Chile na Casa das Atochas.


.: 

Muito se ten falado últimamente do triunfo electoral da dereita en Chile, máis a situación política nese país é (como sempre) muito máis que a alternancia no poder das distintas caras da moeda do pazo presidencial. Non falan os medios, en cambio, da intensa actividade represiva que marcou a campaña electoral , dentro da dinámica de allanamentos, detencións arbitrarias e disparos contra @s manifestantes que marcou a política do anterior goberno ¿de esquerdas? fronte á disidencia política. |1|2|

Como se silencia a insurrección da comunidade mapuche, en guerra contra o Estado chileno, na súa tradición de pobo orgulloso e insubmiso, loitando pola recuperación do seu territorio e o mantemento da súa cultura e a súa organización comunitaria.|1|2| Loita sentida como propia polo movemento libertario, e apoiada por sectores deste, movemento implicado en diversos frontes de organización popular e loitas antiautoritarias. |1|2|3|

Como forman parte dunha realidade social e dunha situación política silenciada folgas que fan abanear un pouco máis ao xa tambaleante poder económico |1|2| tendo como ten a industria do cobre unha triste lembranza na historia de Chile do pasado século |1|2|

Cálase en fin, unha situación de axitación revolucionaria, coa súa parte de esperanza |1| e a súa parte de dor.|1|2| E mesmo se calan ou terxiversan novas que nos tocan moi de preto |1|2|

O vindeiro domingo 7 ás 18 horas na Casa das Atochas, compañeir@s chilen@s darán información de primera mán da situación do anarquismo en Chile, charla acompañada dunha proxección, contando ademáis cunha distribuidora de material relacionado.


Queremos saber como morreu Antonio Pallas


Antonio_Pallas.jpgO día 16 de Xaneiro de 2010 morrei Antonio Pallas García, con 29 anos de idade, de forma violenta no Centro Penitenciario de Teixeiro.

Nestes dous últimos meses xa van tres presos mortos en extrañas circunstancias no Centro Penitenciario de Teixeiro.

Ademais vólvese a producir unha morte inverosimil por aforcamento.

Ao igual que o rapaz Diego Viña, morto no cuartel da garda civil de Arteixo.

A SOCIEDADE ANTE ESTES FEITOS SE PREGUNTA:

¿CANDO REMATARÁ A IMPUNIDADE? ¿CANDO SE INVESTIGARÁN ESTAS MORTES? ¿CANTOS MAIS TEÑEN QUE MORRER PARA QUE NOS PERCATEMOS QUE A CADEA É UN CENTRO DE EXTERMINIO?

CONCENTRACIÓN O DÍA 5 DE FEBREIRO DE 2010 ÁS 12:00 DA MAÑÁ DIANTE DO XULGADO DE VIXIANCIA DE A CORUÑA (Edificio de novos Xulgados)


::Reflexons em código aberto:: JORNADAS -contra-informaçom e redes 2.0


Jornada contrainformativa Venres 5

- 20'30 Ouviremos e analisaremos em comúm o estado actual da contrainfomaçom na infosfera do pais posibilidades e futuro dos espaços telemáticos em chave social. (Vieiros, Galiza livre, Altermundo, Indymedia, Olholivre,...)

Sábado 6

- 18'00 Jornada Redes Sociais, web 2.0 Analisaremos colectivamente o uso das ferramentas que favoreçem a interacçom entre as comunidades e pessoas na infosfera crítica galega (Blogaliza, Altermundo, Ergosfera, Universidade Invisíbel, Sementeira, Indymedia, Saramaganta, CCSS, Trebelab, Hacktreu, Causaencantada,...)

* O sábado na manha ASSEMBLEIA ABERTA INDYGZ(12'00)

* O sábado a noite haverá cea/fim de festa (vegana) 23'00 "O enxame: as regras mudarom" Centro Social Atreu T/ Sam José, 2 res-de-chao A Corunha


[DESCONVOCADA] Concentración contra a impunidade no C.P Teixeiro


.: 

Desde hai bastantes anos as denúncias por rigor desnecesário e torturas son constantes no módulo de isolamento deste centro penitenciário.

betanzos2010.jpgAs primeiras de que se tivo coñecimento son do ano 1999. O 3 de Decembro deste ano o próprio xulgado de vixiláncia penitenciária da Coruña (Expediente 9108/99) ditou auto en que criticava a actuación dos funcionários deste módulo e
declarava non axustadas a direito as medidas tomadas contra alguns internos: suxeición mecánica (alxemas con grilletes) durante catro días e isolamento provisório durante cinco días.

Estes feitos non transcenden facilmente dado que, como norma, os presos son transladados despois de se ter producido a agresión. Nesto, son varias as denuncias interpostas por varios presos a raíz do que os medios de comunicación deron en chamar o "Motín de Teixeiro"...

O próximo día 19 de xaneiro, está sinalado xuizo de faltas con varios funcionarios imputados: faise importantísimo que se vexa o apoio da sociedade aos presos denunciantes...

Xa sabedes, ás 10:00 horas na praza de diante dos Xulgados de Betanzos...

WWW:: http://denuncia.info


Convocatoria manifestación contra o desaloxo da Casa das Atochas


MANIFESTACIÓN CONTRA O DESALOXO DAS ATOCHAS
SÁBADO 26 DECEMBRO
ás 17. oo horas no Campo da Leña

cartaz_mani.PNGEste sábado 26 de decembro hai convocada unha manifestación, á que agardamos asistades… Esta vez non se trata só de brandir bandeiras, senón de acadar algo: que non desaloxen a Casa das Atochas. E é que a inxusta xustiza comeza a activar o seu sucio engranaxe para botarnos, despois de case dous anos, e para impedir que construamos na súa marxe as nosas vidas, que intentemos camiñar xuntos cara unha vida máis libre. É momento de demostrar que non nos deixamos manipular tan fácilmente, que non somos marionetas no seu xogo de donos e escravos, que non cremos nas súas propiedades.

Por iso convocamos unha «solemne mani contra o desaloxo da real Casa das Atochas» na longa resaca do Nadal. Será un pracer para a asemblea compartir convosco, persoas, colectivos, nestas entrañables datas, esta xuntanza elaborada artesanalmente como antano, con ira e liberdade, contra o desaloxo, o aburrimento, os bancos, a lóxica, os cartos, as oposicións e a vida de ful, pola okupación, polas asembleas, pola igualdade, pola fraternidade, o aire… polo que non son gobernos, bancos, empresarios exemplares, vocacións, curros maravillosos, viaxes a Cancún, listas de boda… pol*s cormoráns, por tutatis, pola cara, polo santo punk, polas follas de herba, polo sagrado embigo, polas palabras tan grandes como liberdade ou polas palabras tan pequenas como cada unha das nosas vidas. Vinde ou enviade os vosos hologramas, ou anacos que desexedes mandar ou perder de vista. A rutina dos caciques non é a nosa lei; que o saiban.

E que non teñamos que arrepentirnos de non facer por manter unha casa na que ó longo de case dous anos estamos, estades a intentar vivir fóra da forma imposta. (Si, esa casa na que ti, jarcoreta, estiveches pogueando salvaxemente; na que ti, gafapasta, puxeches cara de interesante na presentación dun corto alternativo; na que ti, costra, entraches co teu calimocho e o bebiches dentro; na que ti, disidente, debatiches despois dunha palestra incendiaria; na que ti, voceir*, presentaches a publicación do teu colectivo; na que ti, jipi, compartiches o teu xantar e o teu sorriso; na que ti, gandul, ganduleaches ás túas anchas e conseguiches sentir esa casa como túa …).

Traede ganas de cambia-lo mundo ou, no seu defecto, pancartas, silbatos, fachos …


A Grecia Libertaria vive!!!


Un ano despois do asasinato de Alexandros Grigoropoulos e das mobilizacións que o seguiron, a Grecia Libertaria renace con novas manifestacións e disturbios. A salvaxe represión do estado  non foi quen de evitar o rexurdir das mobilizacións, nin tan sequera facendo centenares de detencións e atacando a locais antiautoritarios.

As manifestacións demostran que o movemento social que estivo tras das protestas do ano 2008 mantén a súa capacidade de mobilización: asembleas, iniciativas autoxestionarias, locais sociais, ocupacións de centros de ensino e actividades antirrepresivas, antifascistas e antirracistas veñen enchendo dende hai tempo as rúas das cidades gregas.

Dende a Galiza vemos con enorme simpatía o exemplo das compañeiras e compañeiros da Grecia Libertaria, traballando nunha constelación de grupos anarquistas, centros sociais ocupados, grupos de estudantes e sindicatos anarcosindicalistas, por un fin común.


VIII Xornadas Libertarias en Ferrol


8xornadas_p.pngUnión Libertaria – Ferrol
17 a 21 de novembro de 2009
Lugar: Espazo Libertario: Avenida de Esteiro, 10-12

Martes, 17 de novembro de 2009
20 horas

Charla de Leiser Pelles, integrante de Anarchists Against the Wall(Anarquistas contra el muro) de Palestina

Mércores, 18 de novembro de 2009
20 horas

Charla dun militante da FAU, sindicato anarcosindicalista alemán, adherido
á AIT

Xoves, 19 de novembro de 2009
20 horas

Presentación do libro “Curuxás: o guerrilleiro que non cazou Franco”, co
autor Carlos Parrado

Venres 20 de novembro de 2009
20 horas

Charla “A necesidade dunha organización anarquista xuvenil”, por membros da Federación Ibérica de Juventudes Anarquistas (FIJA).


Distribuir contenido