FESTAS DO BARRIO 2011: 29,30 de Xuño e 1, 2 e 3 de XulloEstá fervendo a rúa de san pedro, cantan Malandromeda, e seica vai ser así, novamente, e xa van 8 edicions das Festas do barrio de San Pedro.
Obras nas rúas, cambios nos parques, xente que marcha a outro barrio ou a outro país, xente que ven a vivir desde outro barrio ou desde outro país, persoas que marchan para sempre e outras que nacen, negocios que se crean, negocios que se manteñen, negocios que desaparecen. Concentracións, eleccións, indignadas e indignados... e a vida do barrio continua...
un ano máis queremos acompañar o evolucionar do barrio cunhas festas que veñen cargadas, como sempre, de moita ilusión e precedidas dun grande e evento de éxito no barrio, a feira da primavera...onde este ano nos vimos as caras, e as flores... Convidamos a convidar a quen queirades (de corazón) a participar en todas as propostas que estivemos planificando durante este último ano. Así mesmo convidámosvos a participar activamente na festa gozando, ou chegado o momento, botando unha man, para seguir construíndo entre todas e entre todos estas festas...
e como din Os Estalotes: e como somos de san pedro, san pedro, san pedro, e como somos de san pedro vamos de parranda o día enteiro Galería Camisolas 2011: "O xogo das Camisolas: Facendo BARRIO"
|