setembro 11th, 2007

O curso 07-08 ábrese co novo single de F&A

Publicado en Electrónica, Música por emepegues

Fanny e Alexander

Fanny e Alexander soben ao seu myspace un adianto do seu disco para saír, Finais dos 70′s, principios dos 90′s. Influencias post-punk para un tema moi bailable e optimista. A face máis solleira daquel cambio de década e tamén de F&A? Haberá que agardar ao disco para velo.

xullo 11th, 2007

Cinema na rúa

Publicado en Cinema por emepegues

Programa do Cinema na Rúa

O Cinema seica abandonou a rúa, polo menos o cinema convencional. Non así o cinema documental, o vídeo dixital, etc. O Cineclube de Compostela e a Casa Encantada alíanse para devolver os filmes ás prazas. En xullo, na praza do Pan (tm. de Cervantes).

xuño 8th, 2007

Piratas!

Publicado en Arte, Cinema, Literatura por emepegues

Pirata

 As Brigadas de Intervención Rápida George Grosz loita contra a mercantilización da cultura con palabras. E é no marco de denuncia da senteza que o Cineclube de Compostela vén de padecer, que lle dá a razón da forza, máis unha vez, á parte de vil metal que hai en todo produto artístico, e que afoga un chisco máis a propia obra, en vez de favorecela.

Velaquí, en libre descarga, todo o contrario: unha obra artística de gran calidade completamente gratuíta.

abril 18th, 2007

No passaran!

Publicado en Arte por emepegues

Viva a República!
Temos unha comentarios Ver tamén en Arte

abril 4th, 2007

Komunikando TV

Publicado en Música por emepegues

Komunikando

Voltamos (xa temos conexión na casa) e facémolo cunha iniciativa básica para os emepegués, a imaxe. Disque hoxe o que non se ve non existe. Con Komunikando TV existimos un chisco máis.

decembro 20th, 2006

Premios ou cuchipandas?

Publicado en Literatura por emepegues

Premio

Unha boísima reportaxe desvela en LG3 a cuchipanda que son algúns premios literarios galegos. Varios membros de xurados contan as súas experiencias e os seus “fallos”.

decembro 18th, 2006

Bring the Noise Project!!!

Publicado en Música, Noise por emepegues

Noise Project

Noise Project inauguran o noise en galego con estes tres temas en myspace, mentres preparan a súa primeira maqueta. Estreáronse en directo na Alameda de Santiago, no Concerto pola Lingua do Foro da Mocidade, o 16 de maio de 2006. Outro chanzo máis no camiño da normalización lingüística e cultural.

decembro 18th, 2006

A Regueifa e regreso

Publicado en Arte, Electrónica, Música, Punk por emepegues

Xaquî Rosales

Pois, como anda un enleado con tanta cousa, isto quedou un chisco parado, tamén por un problema de compatibilidade do editor de blogues co meu ordenata do choio (;-)). Pero aquí voltamos. A Regueifa seguen alimentando a nosa fame de música e cultura de balde: Hanom Ausse (Grubi Mércores), Xaquín Rosales (Miradas dende a cuarta dimensión) e o máis recente de Le Glamour Grotesque (Dangerous Club).

Seguiremos a informar.

novembro 15th, 2006

Por fin botan Apologhit!

Publicado en Música por emepegues

Apologhit 

Logo do risco dunha máis ca probable fusión do concurso da canción galega do verán co das panxoliñas do Nadal, os directivos do-ente(s) decidiron emitir mañá (xoves) á 1:30 da madrugada o programa especial de Apologhit, que se gravara na LP45 de Ordes. O programa, amais dunha iniciativa de normalización cultural e lingüística sen precedentes, estivo dende o comezo comprometido coas Creative Commons: toda a súa música se pode descargar aquí.

novembro 14th, 2006

Galicia Caníbal no “Billyboard”

Publicado en Música por emepegues

Vigo, capital, Lisboa 

Galicia Caníbal, d’Os Resentidos, que podedes baixar aquí, entre outras moitas, ocupa o posto 175 nunha lista de 200 temas que sacou a Rolling Stone para escoller a mellor canción estatal de pop-rock. É o único tema en galego que figura. Eu a estes recomendáballes dar unha voltiña por aquí.