Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

  Vote up

Selecçom de vídeos do seminario “Eco-língua”12.01.10

A continuar, oferecemos umha selecçom de vídeos do Simposium Internacional “Eco-Língua”, celebrado em Vigo o passado Dezembro.

Mesa redonda con Manuel González (ex director da Axencia Audiovisual Galega), David Rubín (artista gráfico), Leo i Arremecághona (artista) e María Yáñez (xornalista e produtora de contidos para a rede).

Mesa redonda con Miquel Pradilla (Escritor, Doutor en filoloxía catalana e profesor da Universidad Rovira i Virgili de Tarragona), Sabela Labraña (Doutora en Filoloxía Galega e profesora na Universidade de Barcelona), Maitena Etxebarría (Catedrática de Lingüística na Universidade do País Vasco) e Juan Carlos Moreno Cabrera (Catedrático de Lingüística Xeral na Universidade Autónoma de Madrid)

“A esperanza da lusofonía: utopía ou realidade” é o título da palestra que pronunciaron os profesores Fernando Venâncio (Doutor e profesor de lingua e literatura portuguesa na Universidade de Amsterdam) e Carlos Alberto Faraco (Doutor e profesor de lingua portuguesa na Universidade Federal de Paraná (Brasil)

O resto dos vídeos podem ser visualizados nesta ligaçom.

Publicado en GZvideos, línguaconNengún comentario →

  Vote up

Decálogo da língua galega, por Mª do Pilar García Negro12.01.10

Decálogo da lingua galega. Mª Pilar García Negro from Fundación Bautista Álvarez on Vimeo.

A professora Maria do Pilar Garcia Negro, entrevistada por Lois Diéguez para a secçom Cadernos activos da Fundaçom Bautista Álvarez, ministra 10 princípios básicos para os falantes da nossa língua. Oferecemos a seguir o vídeo em questom. Via Portal Galego da Língua.

Publicado en GZvideos, línguaconNengún comentario →

  Vote up

Manifestación pola non disolución de Os da Ría08.01.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

“Varios milleiros de persoas manifestáronse o 30 de decembro de 2009 para esixir a non disolucion do grupo Os da Ría, ante a súa inminente desaparición definitiva no Gran Concerto Chinchín por Os da Ría, na Sala Nasa, prevista para o venres 8 de Xaneiro. Persoeiros da cultura e cidadáns preocupados por esta perda irreparable de Galicia e vidos doutras partes do mundo manifestaron así o seu descontento, esixindo ao grupo a solución das súas desavenencias.”

Publicado en GZvideos, cultura libreconNengún comentario →

  Vote up

Concentración da CNT en solidariedade coa FAU-AIT (Vigo)08.01.10

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

Concentración solidaria da CNT coa FAU-AIT alemá, diante do consulado alemán en Vigo. Alemaña prohibe a liberdade sindical, solidariedade coa FAU-AIT. + info.

Publicado en GZvideos, internacionalismo, sindicalconNengún comentario →

  Vote up

Mobilizaçom contra a campanha xenófoba anti- “top manta” do Natal na Corunha31.12.09

Get the Flash Player to see the wordTube Media Player.

“Ante a campaña de Nadal coa que Losada agasallou ao colectivo manteiro, provocando o aumento do control policial na Rúa Real e a dificultade e peligrosidade de sacar as mantas, e; ante a pasividade de boa parte das ONG’s e demáis institucións e asociacións locais (que din realizar un traballo de apoio ao migrante), as persoas manteiras xunto a asamblea aberta polos dereitos das persoas migrantes decidimos convocar unha movilización baixo o lema “Sobrevivir non é delito”. Mais no Galiza Indymedia.

Publicado en GZvideos, dereitos hum./civís, migraciónconNengún comentario →