AMARANTE

PARCEIROS

ACTIVIDADES OBXECTIVOS DIRECTORIO

DOCUMENTOS

EXPOSICIÓNS

ENLACES ASOCIATE TENDA ELECTRÓNICA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CRISE FINANCIEIRA A DEBATE E CHAMAMENTO DE AMARANTE E OUTRAS ASOCIACIÓNS GALEGAS PARA REPLANTEXAR A NOVA ECONOMÍA GLOBAL
O mundo enteiro está en crise, unha crise de dimensións múltiples, unha crise de alimentos, de enerxía, do clima e das finanzas. As solucións que nos ofrecen desde o poder - máis libre comercio, máis cartos públicos para rescatar os bancos, o sector automobilístico e inmobiliario, máis oligopolios, máis transxénicos, etc. - ignoran que a crise é produto do sistema capitalista e do neoliberalismo, e só profundarán os seus impactos.Para atopar solucións reais, mais ben hai que mirar hacia o decrecemento, a sustentabilidade e a soberanía alimentaria. Amarante, Altermundo, Sindicato Labrego Galego, Verdegaia e Veterinarios sin Fronteras chaman a sociedade civil e aos movementos sociais a aproveitar a oportunidade histórica que supón a crise financieira.  Consulta o manifesto aquí. Máis..

AMARANTE IMPULSA A CAMPAÑA BO CAFÉ NA UNIVERSIDADE E ESTREA A NOVA WEB WWW.PIDECAFEXUSTO.ORG. Presentámosvos a nova web impulsada por AMARANTE dende o seu programa de sensibilización institucional Bo Café. Neste novo espazo, www.pidecafexusto.org, poderedes asinar unha carta dirixida á reitoría das Universidades galegas para esixir por partes delas un compromiso en firme para que distribúan café de Comercio Xusto. Tamén poderedes xogar coa calculadora para comprobar a ónde van os vosos cartos cando consumides este produto.  Aquí

ORGANIZACIÓNS E MOVEMENTOS SOCIAIS DE AMERICA LATINA E CARIBE ESIXEN ACCIÓNS INMEDIATAS DOS GOBERNOS DIANTES DA CRISE FINANCEIRA. Organizacións e movementos sociais de América Latina e o Caribe enviaron unha carta aos presidentes da rexión, esixindo accións urxentes ante a crise financeira desatada nos mercados do Norte. Devandita iniciativa realizase como parte da Semana de Acción contra a Débeda e as Institucións Financeiras Internacionais, e en especial ao marcar o 17 de outubro, o Día Global de Loita Contra a Pobreza. Na carta os movementos piden aos gobernos que cumpran co compromiso asumido de construír unha orde financeira autónomo e soberano en Suramérica e que avancen na transformación da política económica. Máis..

A PRESIÓN DA CAMPAÑA DE FINANZAS ÉTICAS CONSIGUE QUE O BANCO SANTANDER SE RETIRE DO PROXECTO DE REPRESA DE JIROA AINDA QUE  COMENZAN OS DESALOXOS DO PROXECTO RIO MADEIRA EN SANTO ANTONIO. Amarante segue a presionar, a traves da campaña de Finanzas Éticas (www.finanzaseticas.org), ao Banco Santander polos desaloxos que está a forzar en Río Madeira e,  neste caso en concreto pola súa política de investimento xeral. Aínda que na represa de Santo Antonio se estan xa a facer desprazamentos da poboación a presión da campaña ten conquerido que o Banco Santander se retirara como inversor da represa que esta proxectada facer en Jiroa.  Máis..

SYNGENTA DOA PARTE DOS TERREOS DO PARANÁ AO IAPAR BRASILEIRO TRAS AS PRESIÓNS DO MST POLA NACIONALIZACIÓN DA TERRA. Logo dunha serie de conflitos nas terras privatizadas até hai uns días pola multinacional química Syngenta, a devandita empresa decidiu doar, por mor das presións e da luita do MST, o terreo en litixio ao goberno do Estado para que sexa agora o IAPAR (Instituto Agronómico do Paraná) o encarregado de coordinar as investigacións agrícola e forestal con axuda das universidades do país. Esta extensión do Paraná, malia que en proporcións importantes seguirán a se centrar na produción tranxénica e de sementes de feixón e cacahuete, é priotaria para o IAPAR tanto para a reforestación coma para a recuperación de área cultivable de mata nativa. Máis..

A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES MOBILIZA A 3.000 PERSOAS CONTRA A POBREZA NO PECHE DO VII ENCONTRO INTERNACIONAL DE MULLERES ADICADO Á SOBERANIA ALIMENTAR. O VII Encontro Internacional das Mulleres celebrado en Galicia remata con éxito. Atrás quedan as xornadas de debate por rexións e por áreas de acción, até que as conclusións tomaron forma dunha convocatoria para a acción global no 2010  na rexión dos Grandes Lagos en África, simultaneada con accións locais no resto do mundo e organizadas en cada rexión. Do encontro emanaron varios documentos de entre os que destaca o Informe de Europa centrado no tema da  crise financeira que se está a dar no mundo. Máis...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Membro de: Federación SETEM, Coordinadora Galega de ONGs para o desenvolvemento, Rede Europea de Apoio ao MST, Coordinadora Estatal de Comercio Xusto, FLO ( FairTrade Labelling Organizations International ) a traves da Iniciativa Estatal do selo de Comercio Xusto, Clothing Clean Campaigne International, Bank Track a traves da campaña Finanzas Éticas, Galiza non se Vende, Iniciativa pola soberania alimentar dos pobos Foro Social Galego

Organización Galega de Cooperación para o Desenvolvemento.  Rexistro Central de Interior da Consellería de Presidencia: número 2000/000335-1.  Rexistro Galego de ONGDs: código 78. Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria: número O-341. Rexistro de Organizacións non gubernamentais da AECI: número 1205

AMARANTE SETEM. AVENIDA ROMERO DONALLO 19 / Telefax 881 978 705 / Correo: amarante@amaranteong.org / 15706 COMPOSTELA