Skip to content

Bicis.info

Arousa en Bici estrea blog
arousabici.pngcolectivo arousán "Arousa en bici" presenta o seu blog no que irán publicando novas relacionadas co emprego da bicicleta e actividades organizadas pola asociación. Podedes visitalo en arousaenbici.blogspot.com
 
MCCoruña - 5 de decembro ás 20h

Xa está aquí a Masa Crítica Coruña previa a navidades. Unha festa por todo o alto percorrendo os principais centros de consumo masivo na cidade, reivindicando que o mellor regalo que un pode facerse é darlle uso a esa bici que ten arrinconada no trasteiro. Recupera a túa bici! e móvete en bici!

bikerepair

Evento: Masa Crítica Coruña
Lugar: Praza de María Pita
Hora: 20h

     

Usa a bici todos os días
Celébrao unha vez ao mes !!!

 


Máis info no foro: MCC decembro 08
MCC decembro 08 no facebook: Masa Crítica Coruña Decembro
Grupo das Masas Críticas Galegas no Facebook: Masa Crítica Galega

 
Sigüeiro e Porto Avieira estarán comunicados por unha senda peonil con carril para bicicletas
A Deputación Provincial da Coruña financiará a construción dunha senda peonil con carril bici entre a urbanización Porto Avieira e o núcleo urbano de Sigüeiro, a capital do concello de Oroso.
Ler máis...
 
Mobilidade nas cidades galegas

Con motivo da semana da sustentabilidade en "A Cova da Terra" (Rúa Nóreas, nº12 - Lugo), este xoves ás 20h temos unha charla relacionada co mundo da bici:

Xoves 20: "Mobilidade nas cidades galegas. O uso da bici como medio de transporte. A experiencia das masas críticas”

A bici como un medio de transporte, os incovintes dunha cidade que crece por e para os coches, alternativas a utilización do coche e a humanización das cidades, e a reivindicación do uso da bicicleta como medio eficaz de transporte a través do movemento da masa crítica en Galicia. Tedes máis información aquí e no blog. Tamén tedes aquí unha reportaxe moi interesante e podedes tamén consultar o bici concerto que se vai facer.

Para máis info: Semana da sustentabilidade (blog da Cova da Terra)

 
Este venres é o 3º Aniversario da Masa Crítica Coruña !!!
Este venres estamos de aniversario !!!

Sí, cumprimos 3 anos. Será unha masa moi especial na que percorreremos a ruta da primeira masa crítica, haberá colorido, ruído, festa, ... Imposible perdela!

E tamén haberá un magnífico regalo para unha das persoas que acuda á marcha:

Shocked Shocked ¡ATENCIÓN MASEIROS! Shocked Shocked

Con motivo da celebración do nuestro terceiro cumpreanos, ao final da masa crítica do 7 de novembro, sortearase entre @s participantes una magnífica bicicleta de carreras portuguesa de época (dos años 70), Sí!, líchedes ben, unha bici de 10 velocidades, xenerosamente cedida por Luis (o Dr. Bicicletas, na pasada masa de antroido), que por azares do destino nunca foi usada e estivo olvidada nun almacén durante demasiados anos... 

Así que xa sabedes, alguén voltará á súa casa con dúas bicis 

PD: (para quen no sepa quen é Luis, é o do gorro verde "quirófano")



http://www.bicis.info
http://www.bicis.info/foro
 
O UDC pon en marcha un servizo de préstamo de bicicletas gratuíto
Un total de cincuenta membros da comunidade universitaria -xa sexan profesores, alumnos ou persoal administrativo e de servizos (PAS)- poderán gozar do novo sistema gratuíto de préstamo de bicicletas que acaba de pór en marcha a Universidade dá Coruña (UDC). O programa ten por obxectivo fomentar o transporte ecolóxico, estudar as particularidades do uso da bici nos diferentes campus da institución académica, e analizar a súa aceptación por parte da comunidade universitaria.
Ler máis...
 
Arousa en bicicleta apoia as bicicletas públicas e colaborará no deseño do servizo
O colectivo Arousa en bicicleta recibiu onte con satisfacción a confirmación de que Vilagarcía disporá dun servizo público de bicicletas antes de xuño do próximo ano. A iniciativa, que dispón para o seu desenvolvemento dunha axuda de 140.000 euros procedentes do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) foi comunicada aos responsables da entidade pola concelleira de Promoción Económica e principal impulsora do proxecto, a nacionalista Rosa Abuín, nunha reunión celebrada o luns.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 13 de 89

Publica en Bicis.Info

Se queres enviar unha foto, un texto, unha denuncia,  un artigo, unha ligazón ou calquera outro documento para colgar na web podes facelo escribindo ao Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver