estrea do video de maribolheras

O pasado venres tivemos na Casa das Atochas a estrea do vídeo da mani queer 07, un vídeo cheo de aportazóns para entender o movimento queer e o nacimento do colectivo de Maribolheras Precárias en Queerunha. Ainda temos que facer algun retoque para subir o vídeo á rede para poder compartillar con todas a ultima produción de olholivre. No vídeo ha entrevistas, momentos da mani do ano pasado e imaxes do colectivo.

Crónica gráfica da edición do video da cultura preokupa

Crónica gráfica da edición do video da cultura preokupa

non sei cantas horas levamos aqui xa. editando dia e noite, pelexando co cinelerra, co kino, pasando arquivos dunha máquina a outra, mentres de fondo soa os labregos do tempo dos espuniks.
nun par de horas estreamos na casa das atochas!!!
parabéns compas!!!

xornadas contrainformativas no CS A FORMIGA

Esta fin de semana, xornadas contrainformativas en Redondela, no centro social A Formiga.
Con mesas redondas, actuacións en vivo, palestras, proxeccións, comedores, ...
unha programazón completa para iniciar-nos nos fundamentos básicos da cultura libre, licencias e ferramentas libres.
+ info en http://galiza.indymedia.org/gz/2008/06/16076.shtml

Xornadas: Cultura libre para unha sociedade libre


Do 10 ao 21, duas semanas de actividades no enclave CASA DAS ATOCHAS/CSA Atreu!.
Non o perdas!!

::.::.::Cultura libre para unha sociedade libre::.::.::

No CSA ATREU! Travessa Sam José, 2 - As Atochas-Montealto

Se queres librarte da SGAE: Exgae

A primeira asesoria legal case gratuita especializada en librar aos cidadáns dos abusos da SGAE e demais entidades de xestión: A EXGAE

A EXGAE ábrese coa vontade de canalizar a popular e xustificada hostilidade cara a estas entidades, dotala de ferramentas artísticas, legais e apostar polo seu fin.
A EXGAE aposta, xuntamente coa gran maioria da sociedade civil, por outras formas de circulación da cultura.

En marcha Gzvideos, contrainformación audiovisual

Gzvideos é o espazo de encontro das iniciativas audiovisuais de comunicación e creación alternativas centradas na realidade e problemáticas sociais da Galiza. Pretende constituir unha comunidade de creación audiovisual alternativa onde conflúan as aportacións creativas d@s video-activistas e video-creadoras galegas.

3º Hack Meeting [GNU/Linux]

Estes Sábado 26 e Domingo 27 de Abril no Ateneo Ferrolán, terá lugar o 3º Hack Meeting [GNU/Linux] organizado por Unión Libertaria.

Sábado 26
Mañá

* 11:00hs. - Presentación das Xornadas. "Que é o Software Libre?"
* 11:15hs. - Experiencias e experimentos con GNU/Linux.
* 12:00hs. - INSTALL PARTY: Instala GNU/Linux no teu computador, compartindoo ou non con Windows.

Tarde

* 16:30hs. - Edición Gráfica con GNU/Linux, Gimp, Inkscape, Scribus...
* 19:00hs. - Ferramentas libres para streaming de audio e video.

Domingo 27
Mañá

Primeiro encontro de Olholivre

A pasada fin de semana (11-13 de xaneiro) tiveron lugar en Vigo as xornadas "Contra-Meios: por umha comunicaçom e creaçom livres", nas que se desnrolaron diferentes obradoiros de ferramentas de creación en software livre: gimp, inkscape, cinelerra..., palestras e as xuntanzas do Indymedia-Galiza e Olholivre. O encontro estivo coordenado por dous centros sociais da cidade: A Revolta e A Cova dos Ratos.

Distribuir contido