Fomos quedando sós, o mar o barco e máis nós (Manuel Antonio)
galiza.indymedia.org
CMI Portugal
entrada |  publica! |  sindica |  contacta |  textos fundacionais
Elas somos todas

Na actualidade 1.300 millóns de persoas no mundo son pobres, destas, 7 de cada 10 son mulleres. Mais de 840 millóns de persoas adultas son analfabetas, destas, as duas terceiras partes son mulleres. As mulleres e as nenas son vítimas de todo tipo de violéncia no mundo, non só en tempos de guerra, senon a diário e en todos os continentes, vítimas de violacións, amputacións xenitais, obrigadas a ocultar o seu corpo ou a espilo e vendelo, condenadas a morrer de fame ou enfermedades, elas e as suas crianzas.

Reflectindo a gravedade da situación, a ONU escolle en 1999 o 25 de novembro como Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller conmemorando así o asasinato das irmáns Mirabal, asasinadas polo réxime de Trujillo en 1960 na República Dominicana. Mais, conscientes de que son precisas algo máis que declaracións para transformar esa realidade, no ano 2000 xurde a idea da Marcha Mundial das Mulleres na forma dunha acción pacifista que consigue movilizar ao conxunto do movemento feminista acadando o respaldo de amplos sectores da poboación en todo o mundo. Secundando a táboa reivindicativa internacional, xurde unha coordenadora galega que consigue aglutinar ao movemento feminista galego sintetizando medidas locais concretas e efectivas na luita contra a pobreza e contra a violéncia de xénero.

Este ano espectaculares accións como as protagonizadas por Mulheres Transgredindo [ 1 | 2 | 3 ], a iniciativa dunha alfombra xigante cubrindo a Praza do Obradoiro, ou manifestos como o das mozas galegas contra o terrorismo machista complementan os numerosos actos locais que terán lugar ese día como preludio da manifestación do sábado 27, na que se convida a todas as mulleres a asistir vestidas de vermello e negro. Este 25 de novembro será ademais o punto de partida da Campaña contra a Violencia Sexual lanzada polo Colectivo Paz e Desmilitarización da Marcha que se prolongará até o próximo 25 de novembro de 2005.


Ferrolterra: comeza a conta atrás

O problema do sector naval ten a súa orixe na primeira crise do petroleo, cando en 1973 os países da OPEP incrementan drásticamente o prezo do barril en resposta á ocupación militar israelí. Esto provocaría unha reducción no tráfico marítimo e na demanda de novos buques que deixaría aos asteleiros públicos sen carga de traballo, afectando especialmente á industria galega especializada na construcción de petroleiros. Para enfrentar esta crise, agravada pola redución das nosas cotas de produción a raíz da entrada na unión económica europea, iniciaríase un proceso de reconversión do sector naval que finalizaría no 2000 coa unificación pola SEPI dos asteleiros civís e militares na empresa pública IZAR.

Tras ese proceso que se alongou durante máis de vinte anos provocando aproximadamente 30.000 despidos en todo o estado, xurde de novo a crise. E a solución que propón a SEPI coa Comisión europea é unha nova reconversión que consiste en segregar os asteleiros unificados na anterior reconversión, condicionando a súa viabilidade á privatización da sección civil.

Pero o certo é que máis da terceira parte deses despidos foron asumidos polos asteleiros galegos de Bazán (Ferrol) e Astano (Fene), xenerando o declive económico dunha comarca que foi declarada Zona Industrial en Declive, nun país como Galiza que forma parte das Rexións Obxectivo 1 nos planos de cohesión europea. E durante todo este tempo ningún esforzo se fixo por atraer capitais ou investir en I+D para aumentar a nosa competividade como tampouco se exerceron as presións correspondentes na OMC para impedir a competencia derivada dos baixos custes salariais e as axudas que reciben dos seus governos os asteleiros do sudeste asiático.

A solución non pode pasar por máis despidos na comarca de Ferrolterra.


Apostolos Mangouras: Liberdade!

Non foi unha catástrofe incruenta. Morreron miles de aves, mamíferos mariños e outras especies ameazando de extinción a especies como o arao, o noso penguino autóctono. Morreu Man, o alemán de Camelhe que non puido soportar a visión do pesadelo que tivera pouco tempo atrás.

E agora, dous anos despois, Apostolous Mangouras, un home de setenta anos que recebeu o premio "Capitán do ano 2002" e que por ser o capitán do Prestige foi encarcelado en contra das convencións internacionais, morre agora atrapado no sistema penitenciario español, cabeza de turco e refén da política de represión e censura que seguiron as autoridades españolas e galegas para ocultar e minimizar a súa responsabilidade na maior catástrofe europea dende o accidente nuclear de Chernôbil.

Denunciemos esta situación para esixir a súa liberdade alí donde poidamos, unámonos á campaña pola liberdade de Apostolous Mangouras e tomemos a iniciativa para impedir que a morte de Mangouras en prisión sexa un máis dos "danos colaterais" da incompetencia, da desidida e da irresponsabilidade dos nosos gobernantes.


Arafat

Durante séculos a franxa comprendida entre o río Xordán e a costa occidental do mediterráneo foi espazo de convivencia de culturas e cuna das tres grandes relixións monoteístas do planeta: Terra Santa para o cristianismo, Terra de Sión para o xudaísmo e Lugar Sagrado para os musulmáns.

No contexto dos movementos nacionalistas de finais do século XIX consolídase o sionismo como movemento que promove a progresiva colonización de Palestina por xudeus europeos. Os conflictos que xenera esta política colonial co proxecto de independencia palestino provocan a intervención dos estados árabes veciños cando en 1948 a comunidade xudea declara unilateralmente a creación do estado de Israel.

Co apoio dos estados occidentais comeza a história dunha ocupación militar criminal que non dubida en bombardear escolas, organizar incursións que provocan a morte de familias enteiras destruindo as súas casas, con torturas e asasinatos selectivos e disparando dende helicópteros mísiles contra a poboación, impedir a vertebración da sociedade palestina mediante muros de separación e centos de checkpoints ou destruindo os pozos de auga e as infraestructuras que constrúen as organizacións humanitarias que son atacadas. A pesar das unánimes condenas e das múltiples resolucións da ONU o estado israelí continúa intensificando a súa política xenocida que é amplificada e xustificada polos meios de comunicación como "loita contra o terrorismo".

É así como se pode comprender que a morte de Yasser Arafat, Presidente da Autoridade Nacional Palestina e Premio Nobel da Paz sexa transformada na morte dun terrorista que debe ser enterrado entre escombros sin que se expliquen as causas da súa morte. Unha desmemória programada para que esquezamos que a loita do pobo palestino é polo seu direito a vivir dignamente nun território ocupado militarmente.


A letra con sangue entra

As políticas de represión e control da poboación extendense a todos os ámbitos da sociedade cebándose sempre nas súas capas máis desprotexidas. Migrantes, parad@s, mulleres, minorías políticas, culturais e relixiosas ou personas con minusvalías conforman un precariado que agora se engrosa cun novo inimigo: os nenos e nenas que pasan a ser criminalizados convertíndoos nun perigo do que debemos defendendernos.

Neste sentido camiña o novo Regulamento do Menor cuxa entrada en vigor está prevista para marzo do 2005, e que acaba de ser impugnada pola CESPP (Coordenadora Estatal de Solidaridade coas Personas Presas).

Por ningunha parte aparecen as palabras "educación" ou "formación", endurécese a tipificación das faltas -por exemplo, chegar tarde será unha falta grave-, entendese que o neno é un adulto cando haxa dúbidas sobre a idade, establécense medidas que se aplican a casos de terrorismo como aillamento, o desnudo integral ou dispersión lonxe das famílias, legalízase o emprego de armas contra os menores, limítase o dereito á información dos pais, restrínxense os permisos de saída, ... en xeral, aplícanse as leis dos adultos aos menores, que pasan de ser protexidos por estar "en perigo" a ser castigados por "ser xente perigosa".


Participa no CMI Galiza!

Continúan sin ser esclarecidos os motivos da incautación por parte do F.B.I. dos servidores Ahimsa que provocou a caída do sector da rede Indymedia no que se atopaba o CMI Galiza. Barállanse distintas hipóteses de investigacións xudiciais (unha italiana e outra suíza) amparadas no Tratado de Mútua Asistencia Legal que teñen asinado diversos países cos Estados Unidos -entre eles España- e que terían permitido a intervención do F.B.I. fora do territorio norteamericano.

Protestas ante as embaixadas, unha declaración de solidaridade internacional que te invitamos a asinar, perguntas parlamentarias entre outras accións conseguiron unha grande repercusión nos media para denunciar estes feitos. Ao mesmo tempo seguiremos coas accións de autodefensa legal co apoio da EFF e outras organizacións para esclarecer este escuro asunto, esixindo responsabilidades sobre o que é un claro atentado contra a liberdade expresión.

Pero a maneira máis efectiva de amosar a nosa vontade para que este proxecto continúe funcionando é participando nel. Cronistas, editor@s multimedia, traductor@s, grafistas, fotógraf@s... todo eso e moito máis é preciso para afortalar un meio de comunicación independente que se basea na participación. Nesta nova etapa do CMI Galiza poderás entrar directamente dende a páxina de novos membros onde atoparás información sobre o proxecto, indicar as túas preferencias de participación e facer unha pequena presentación para darte a coñecer entre a demais xente que xa participa no CMI Galiza.

Anímate a enviar o formulário e construamos entre tod@s un CMI que non poida ser nunca máis silenciado! Participa no CMI Galiza!


O CMI Galiza continúa!

O encontro teve lugar na Casa Encantada de Compostela. Nele participarom todas as pessoas activas nas listas do CMI-Galiza com excepção de Pedradome (escusou assistencia) e Lehia. O encontro decorreu durante aproximadamente oito horas sem interrupção, que no sucessivo poderão ser menos se tentamos ser um bocado menos "gualdrapas", um novo termo que ao parecer aplica-se à impontualidade nas suas formas mais diversas :). Felizmente esta questão não impediu que o encontro trascorrera com normalidade, de modo que os objectivos plantejados para este encontro foram atingidos com sucesso tanto em relação a gestão do nodo, quanto a um possicionamento colectivo sobre o CMI-Portugaliza, objectivos que foram definidos de forma consensual num positivo clima de concordia.

Dada a urgência da questão, o encontro começou com uma exposição dos factos relativos ao sequestro por parte do FBI do servidor Ahimsa no que se atopa o CMI-Galiza. A seguir tratou-se a questão da língua. Debate no que se demonstrou a vontade de todas as partes para clarificar os respectivos possicionamentos e compreender os alternativos. Depois trataron-se diversas questões sobre a gestão do nodo: estructura, listas, conteúdos e demais. Finalmente tratou-se o assunto do CMI-Portugaliza, dando por rematado o encontro com a chegada da Gabriela Sol acompanhada dos seus progenitores???



Editoriais anteriores
PUBLICAR

Causa Encantada
Publica dende os
Indy-Pontos

Image Galiza Nova organiza as VIII Xornadas do Reino de Galiza
2004-12-11 13:56
2

Text O Que Fazer Para Proteger o Azevinho(Ilex aquifolium)
2004-12-11 01:56
0

Image Juizo a 9 polícias que apaliçaram a voluntári@s do prestige
2004-12-11 01:08
1

Text AGIR ante o novo Plano de Financiamento do SUG
2004-12-11 01:02
0

Image «Tú tienes la culpa de que tu madre esté muerta»
2004-12-11 00:05
4

Text Ciudadano A, rompiendo esquemas en las ondas
2004-12-10 18:23
0

Image Identificados e retidos nun acto simbólico pola autodeterminación
2004-12-10 18:10
0

Text La UE aprueva poener multas mínimas a los buques contaminantes
2004-12-10 14:30
0

Text Manifiesto de la manifestación contra el desalojo de la Eskalera Karakola y por una nueva presencia feminista. 11D, 18h Madrid
2004-12-10 12:56
0

Image Actividades para o fin de semana da mocidade nacionalista
2004-12-09 12:50
0

Text Actividades decembro Caleidoskopio, CSA-"A Cova dos Ratos" (Vigo)
2004-12-09 01:47
0

Text Un acercamiento a la coyuntura argentina a través de Zanon
2004-12-08 14:44
0

Image Aznar, nom te querem!!!!!
2004-12-08 13:34
0

Text pescanova controla o pescado
2004-12-08 08:43
0

Text Inauguraçom do Local Social A Esmorga em Ourense
2004-12-07 16:52
2

Image [ENCOD]REFORM FRIENDLY REPORT APPROVED IN THE EUROPEAN PARLIAMENT
2004-12-07 12:27
0

Text Acto contra a Constitucion Europea en Bueu
2004-12-07 10:34
0

Image novidades en andar21.net
2004-12-03 19:59
0

Image Galiza Nova defende a autodeterminación
2004-12-03 17:48
4

Text vivan os obreiros sen patròn
2004-12-03 15:53
0

Image Martes de CINEMA e MÚSICA. Este nadal. Argalla Colectivo OPAíí (R. FilispiM) - Ferrol
2004-12-03 14:31
0

Image Moi interesante artigo ao respeito da situação económica da maioria da povoação
2004-12-03 13:24
0

Text TRAIDORES À REINTEGRAÇÃO! PAILAROCOS!
2004-12-03 12:22
2

Text Que pague San Precario!
2004-12-03 11:56
0

Text Nuevo boletín del Observatorio Vasco de Derechos Humanos
2004-12-03 11:09
0

Text Deputação da Crunha (PSOE+BNG) insulta a Galiza (envia protesto).
2004-12-02 15:45
0

Image 20.802 militares de EEUU tratados de feridas no hospital de Landstuhl (Alemanha), 143 mortos em novembro.
2004-12-02 14:28
0

Image Já desertou a mitade dos membros da polícia colaboraçonista no Iraque.
2004-12-02 14:06
0

Text SEVILLANA ENDESA NO CUMPLE
2004-12-02 13:18
0

Image Galizalivre.org retoma a actividade informativa.
2004-12-02 03:59
1

Text Colabora co Movemento polos Dereitos Civís (MpDC)
2004-12-01 22:14
0

Text Documental sobre Negri
2004-12-01 21:07
1

Image Guitarrista ,JAVIER PEÑOÑORI: en CANAL 7-(argentina)
2004-12-01 16:42
0

Text Celebrou-se VI Assembleia Nacional da AMI
2004-12-01 13:18
7

Text A morte dunha águia peixeira británica na Ría de Ortigueira pon de manifesto o estado de abandono deste espazo natural
2004-12-01 13:06
1

Text Contestación al “Manifiesto de Valencia” sobre “Globalización y diversidad cultural”
2004-12-01 09:43
2

Text denuncia por torturas a carcereiros de Monterrosso (em PDF)
2004-12-01 02:02
0

Text Palestra Contituiçom Europeia e Contituiçom Española no Atreu!
2004-12-01 01:07
0

Text Palestra Contra Contituiçom Europeia e Contituiçom Española
2004-12-01 01:04
0

Image 18 de dezembro. Marcha a Monterrosso. TORTURAS NUNCA MAIS
2004-12-01 00:37
0

Image ¿Para qué sirve votar?
2004-11-30 21:43
1

Image Carta abierta de la Assemblea de Treballadors-MUP
2004-11-30 18:27
0

Text Está preparado o independentismo para un novo intento unitario?
2004-11-30 17:21
2

Image Alcampo quebra o contrato com a ONG Humana
2004-11-30 14:33
0

Text Despenalización de todas las drogas y libertad para todos los encarcelados por delitos relacionados con el tráfico de drogas.
2004-11-30 12:24
0

Image Por quê a Galiza é uma colonia espanhola? ...dados para a reflexão.
2004-11-30 02:13
4

Text Acción contra la feria biospain2004
2004-11-30 00:19
0

Text Despachos de guerra (dende Palestina)
2004-11-30 00:14
0

Text A Bush Narco-regime in the USA?
2004-11-29 22:21
0

Text Pueblos-nación, estado, autodeterminación y estados-nación.
2004-11-29 17:39
1


Notícias anteriores
Participa!

Nunca M�is

português (galego)
galego (RAG)
español
english

Constituçom europea? Toma castanha!
Vos convidamos a todas a participar dun Magosto reivindicativo o vindeiro sábado 11, a partir das 18:00 do serán na praza da "Constitución" na cidade de Vigo
Castañas, viño, musíca e paneis informativos... sobre o castañazo europeista que se nos aproxima.

Adicionar comentário  ( 0 )


Xornadas de Análise en Lalín
O día 11 de decembro as Redes Escarlata organizan un encontro de reflexión e debate para reconstruír a esquerda nacional deste país.

Adicionar comentário  ( 1 )


O futuro da plataforma
Acordouse fixar o 17 de Decembro como data da próxima reunión do Plenario da Plataforma Nunca Máis para analisar as propostas de futuro.

Adicionar comentário  ( 30 )




com imagens
com áudio
com vídeo


Sexualidades
Ecologia
Prisão
Discriminação
Mulher
Saúde
Especulação
Redes
Direitos Humanos
Convocatórias
Laboral
Resistência Global
Globalização
Arte
Autodeterminação
Culturas
Guerra
Língua
Política
Repressão

CMI Portugal

Rede Indymedia

www.indymedia.org

Projects
climate
print
radio
satellite tv
video

Pacific
adelaide
aotearoa
brisbane
jakarta
melbourne
sydney

Africa
nigeria
south africa

Europe
athens
austria
barcelona
belgium
bristol
cyprus
euskal herria
finland
germany
ireland
italy
madrid
netherlands
norway
portugal
russia
sweden
switzerland
thessaloniki
united kingdom

Canada
alberta
hamilton
maritimes
montreal
ontario
ottawa
quebec
thunder bay
vancouver
victoria
windsor

Latin America
argentina
bolivia
brasil
chiapas
colombia
ecuador
mexico
qollasuyu
rosario
tijuana
uruguay

South Asia
india
mumbai

West Asia
israel
palestine

United States
arizona
atlanta
austin
baltimore
boston
buffalo
central florida
chicago
danbury, ct
dc
eugene
hawaii
houston
ithaca
la
madison
maine
michigan
milwaukee
minneapolis/st. paul
new jersey
new mexico
new york capitol
north carolina
nyc
philadelphia
portland
richmond
rochester
rocky mountain
san diego
san francisco bay area
santa cruz, ca
seattle
st louis
urbana-champaign
utah
vermont
western mass

Process
discussion
fbi/legal updates
indymedia faq
mailing lists
process & imc docs
tech
volunteer