O problema do sector naval ten a súa orixe na primeira crise do petroleo, cando en 1973 os países da
OPEP incrementan drásticamente o prezo do barril en resposta á
ocupación militar israelí. Esto provocaría unha reducción no tráfico marítimo e na demanda de novos buques que deixaría aos asteleiros públicos sen carga de traballo, afectando especialmente á industria galega especializada na construcción de petroleiros. Para enfrentar esta crise, agravada pola redución das nosas cotas de produción a raíz da entrada na unión económica europea, iniciaríase un proceso de reconversión do sector naval que finalizaría no 2000 coa unificación pola
SEPI dos asteleiros civís e militares na empresa pública
IZAR.
Tras ese proceso que se alongou durante máis de
vinte anos provocando aproximadamente 30.000 despidos en todo o estado, xurde de novo a
crise. E a solución que propón a SEPI coa Comisión europea é unha nova reconversión que consiste en segregar os asteleiros unificados na anterior reconversión, condicionando a súa viabilidade á privatización da sección civil.
Pero o certo é que máis da terceira parte deses despidos foron asumidos polos asteleiros galegos de Bazán (Ferrol) e Astano (Fene), xenerando o declive económico dunha comarca que foi declarada Zona Industrial en Declive, nun país como Galiza que forma parte das
Rexións Obxectivo 1 nos planos de cohesión europea. E durante todo este tempo ningún esforzo se fixo por atraer capitais ou investir en I+D para aumentar a nosa competividade como tampouco se exerceron as presións correspondentes na
OMC para impedir a competencia derivada dos baixos custes salariais e as axudas que reciben dos seus governos os asteleiros do sudeste asiático.
A
solución non pode pasar por máis despidos na comarca de Ferrolterra.
Non foi unha catástrofe incruenta. Morreron
miles de aves,
mamíferos mariños e outras especies ameazando de extinción a especies como o
arao, o noso penguino autóctono.
Morreu Man, o alemán de Camelhe que non puido soportar a visión do pesadelo que tivera pouco tempo atrás.
E agora, dous anos despois, Apostolous Mangouras, un home de setenta anos que recebeu o premio "
Capitán do ano 2002" e que por ser o capitán do Prestige foi encarcelado en
contra das convencións internacionais, morre agora
atrapado no
sistema penitenciario español, cabeza de turco e refén da política de represión e censura que seguiron as autoridades españolas e galegas para ocultar e minimizar
a súa responsabilidade na maior catástrofe europea dende o accidente nuclear de Chernôbil.
Denunciemos esta situación para esixir a súa liberdade alí donde poidamos, unámonos á
campaña pola liberdade de Apostolous Mangouras e
tomemos a iniciativa para impedir que a morte de Mangouras en prisión sexa un máis dos "danos colaterais" da incompetencia, da desidida e da irresponsabilidade dos nosos gobernantes.
Durante séculos a franxa comprendida entre o río Xordán e a costa occidental do mediterráneo foi espazo de convivencia de culturas e cuna das tres grandes relixións monoteístas do planeta: Terra Santa para o cristianismo, Terra de Sión para o xudaísmo e Lugar Sagrado para os musulmáns.
No contexto dos movementos nacionalistas de finais do século XIX consolídase o sionismo como movemento que promove a progresiva
colonización de Palestina por xudeus europeos. Os
conflictos que xenera esta política colonial co proxecto de independencia palestino provocan a intervención dos estados árabes veciños cando en 1948 a comunidade xudea declara unilateralmente a creación do estado de Israel.
Co apoio dos estados occidentais comeza a história dunha ocupación militar criminal que non dubida en bombardear escolas, organizar incursións que provocan a morte de familias enteiras
destruindo as súas casas, con
torturas e
asasinatos selectivos e disparando dende helicópteros
mísiles contra a poboación,
impedir a vertebración da sociedade palestina mediante
muros de separación e centos de
checkpoints ou
destruindo os pozos de auga e as infraestructuras que constrúen as organizacións humanitarias
que son atacadas. A pesar das
unánimes condenas e das
múltiples resolucións da ONU o estado israelí continúa intensificando a súa política xenocida que é amplificada e xustificada polos meios de comunicación como "loita contra o terrorismo".
É así como se pode comprender que a morte de
Yasser Arafat, Presidente da Autoridade Nacional Palestina e Premio Nobel da Paz sexa transformada na morte dun terrorista que debe ser enterrado entre escombros sin que se expliquen as causas da súa morte. Unha desmemória programada para que esquezamos que
a loita do pobo palestino é polo seu direito a vivir dignamente nun território ocupado militarmente.
As políticas de represión e control da poboación extendense a todos os ámbitos da sociedade cebándose sempre nas súas capas máis desprotexidas. Migrantes, parad@s, mulleres, minorías políticas, culturais e relixiosas ou personas con minusvalías conforman un precariado que agora se engrosa cun novo inimigo: os nenos e nenas que pasan a ser criminalizados convertíndoos nun perigo do que debemos defendendernos.
Neste sentido camiña o
novo Regulamento do Menor cuxa entrada en vigor está prevista para marzo do 2005, e que
acaba de ser impugnada pola CESPP (Coordenadora Estatal de Solidaridade coas Personas Presas).
Por ningunha parte aparecen as palabras "educación" ou "formación", endurécese a tipificación das faltas -por exemplo, chegar tarde será unha falta grave-, entendese que o neno é un adulto cando haxa dúbidas sobre a idade, establécense medidas que se aplican a casos de terrorismo como aillamento, o desnudo integral ou dispersión lonxe das famílias, legalízase o emprego de armas contra os menores, limítase o dereito á información dos pais, restrínxense os permisos de saída, ... en xeral, aplícanse as leis dos adultos aos menores, que pasan de ser protexidos por estar "en perigo" a ser castigados por "ser xente perigosa".
Continúan sin ser esclarecidos os motivos da
incautación por parte do F.B.I. dos servidores
Ahimsa que provocou a caída do sector da rede Indymedia no que se atopaba o CMI Galiza. Barállanse distintas hipóteses de investigacións xudiciais (unha
italiana e outra
suíza) amparadas no
Tratado de Mútua Asistencia Legal que teñen asinado diversos países cos Estados Unidos -entre eles España- e que terían permitido a intervención do F.B.I. fora do territorio norteamericano.
Protestas ante as embaixadas, unha
declaración de solidaridade internacional que te invitamos a asinar,
perguntas parlamentarias entre outras accións conseguiron unha
grande repercusión nos media para denunciar estes feitos. Ao mesmo tempo seguiremos coas accións de autodefensa legal co apoio da
EFF e outras organizacións para esclarecer este escuro asunto, esixindo responsabilidades sobre o que é un claro atentado contra a liberdade expresión.
Pero a maneira máis efectiva de amosar a nosa vontade para que este proxecto continúe funcionando é participando nel. Cronistas, editor@s multimedia, traductor@s, grafistas, fotógraf@s... todo eso e moito máis é preciso para afortalar un meio de comunicación independente que se basea na participación. Nesta nova etapa do CMI Galiza poderás entrar directamente dende a
páxina de novos membros onde atoparás información sobre o proxecto, indicar as túas preferencias de participación e facer unha pequena presentación para darte a coñecer entre a demais xente que xa participa no CMI Galiza.
Anímate a enviar o formulário e construamos entre tod@s un CMI que non poida ser nunca máis silenciado! Participa no CMI Galiza!
O encontro teve lugar na Casa Encantada de Compostela. Nele participarom todas as pessoas activas nas listas do CMI-Galiza com excepção de Pedradome (escusou assistencia) e Lehia. O encontro decorreu durante aproximadamente oito horas sem interrupção, que no sucessivo poderão ser menos se tentamos ser um bocado menos "gualdrapas", um novo termo que ao parecer aplica-se à impontualidade nas suas formas mais diversas :). Felizmente esta questão não impediu que o encontro trascorrera com normalidade, de modo que os objectivos plantejados para este encontro foram atingidos com sucesso tanto em relação a gestão do nodo, quanto a um possicionamento colectivo sobre o CMI-Portugaliza, objectivos que foram definidos de forma consensual num positivo clima de concordia.
Dada a urgência da questão, o encontro começou com uma exposição dos factos relativos ao sequestro por parte do FBI do servidor Ahimsa no que se atopa o CMI-Galiza. A seguir tratou-se a questão da língua. Debate no que se demonstrou a vontade de todas as partes para clarificar os respectivos possicionamentos e compreender os alternativos. Depois trataron-se diversas questões sobre a gestão do nodo: estructura, listas, conteúdos e demais. Finalmente tratou-se o assunto do CMI-Portugaliza, dando por rematado o encontro com a chegada da Gabriela Sol acompanhada dos seus progenitores???